Ribadeo, 18 de maio, 2026. A Garda Civil detivo dous mozos, un deles menor de idade, veciños de Ribadeo, como presuntos autores de dous delitos de roubo e da sustracción de diversos efectos do interior dun garaxe comunitario, todo iso na mesma localidade.
Os feitos producíronse entre o pasado mes de abril e o actual, cando os axentes investigaban varios delitos contra o patrimonio e a orde socioeconómica. Todos eles estaban relacionados polo modus operandi e pola proximidade temporal e xeográfica.
Entre os feitos investigados destacan dous roubos con forza cometidos nunha estación de servizo situada nunha zona comercial. Nun dos asaltos, dous individuos encapuchados fracturaron o candado dun almacén anexo, accederon ao interior e subtraeron diversos obxectos. Posteriormente tentaron entrar no edificio principal, onde se atopaba a caixa rexistradora, pero non chegaron a consumar o roubo ao activarse a alarma, o que provocou a súa fuxida.
Tras a presentación das denuncias, a Garda Civil iniciou as xestións para identificar os responsables e recuperar os efectos subtraídos. As investigacións centraron a atención en dous mozos da localidade que foran vistos por patrullas da Garda Civil merodeando de madrugada en datas próximas aos feitos. O análise das imaxes das cámaras de seguridade permitiu comprobar que ambos acudiran previamente, tamén de madrugada, ás instalacións da gasolineira posteriormente asaltada.
A investigación reuniu múltiples indicios coherentes que apuntaban á presunta autoría dos dous mozos, polo que se procedeu á súa detención e posterior posta a disposición xudicial e da Fiscalía de Menores.
Durante o operativo recuperáronse diversos obxectos subtraídos tanto na estación de servizo como no garaxe comunitario, sendo entregados aos seus lexítimos propietarios tras seren plenamente recoñecidos.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



