A Presidenta da institución provincial, Carmela López, explica que este é o primeiro paso para procurar unha solución responsable á situación do club, coñecer con exactitude a súa realidade económica e determinar se existe unha saída viable que garanta a continuidade do proxecto deportivo e social mariñán
Lugo, 19 de maio de 2026. A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, sostén que, ante a petición de apoio trasladada polo Burela FS debido á grave situación económica que atravesa o club, a institución provincial debe avaliar previamente se existe unha saída viable para a entidade antes de adoptar unha decisión.
Con este obxectivo, a Deputación solicitaralle ao Burela FS a documentación económica, financeira e organizativa necesaria para que os servizos técnicos provinciais poidan analizar a situación real do club e determinar a súa viabilidade. A decisión prodúcese despois de que a entidade trasladase formalmente á institución provincial as dificultades económicas polas que atravesa e reclamase apoio institucional para afrontar este momento crítico.
“A nosa vontade é axudar, pero antes de adoptar calquera decisión que implique recursos públicos necesitamos coñecer con exactitude a realidade económica do club e saber se existe unha saída viable”, explica Carmela López. A Presidenta, que tamén é Alcaldesa de Burela, subliñou que, ante unha situación destas características, a Deputación “ten a obriga de actuar con responsabilidade, prudencia e rigor”.
“Cando unha entidade cunha relevancia deportiva, social e simbólica como o Burela FS comunica unha situación límite, a Deputación non pode mirar cara outro lado. Pero temos que contrastar os datos para saber cal é a situación real, que necesidades existen e se unha posible axuda pública serviría para garantir a continuidade do club”, afirmou.
O estudo técnico permitirá analizar cuestións como as débedas existentes, os compromisos pendentes, os ingresos previstos, a estrutura de gasto, as necesidades económicas inmediatas e as medidas que serían necesarias para estabilizar a entidade.
López incidiu en que a cuestión de fondo “non é só canto solicita o club”, senón determinar se unha achega pública, independentemente da súa contía, “permitiría realmente salvar o proxecto deportivo e social”.
“Estamos falando dun club cunha relevancia deportiva e social indiscutible para Burela, para A Mariña e para a provincia. A nosa responsabilidade é estudar ben a situación e procurar que calquera posible colaboración pública sexa útil, proporcionada e orientada á continuidade da entidade”, sinala.
As conclusións desta análise serán trasladadas tamén á Xunta de Galicia e ao Concello de Burela, administracións que colaboran historicamente coa entidade, co obxectivo de que calquera decisión futura poida adoptarse con información compartida e desde criterios de responsabilidade institucional.
Carmela López insiste en que este paso debe entenderse como “un primeiro movemento para procurar unha solución responsable” á situación do Burela FS. “Queremos axudar, pero queremos axudar ben. E axudar ben significa saber primeiro se hai viabilidade, que medidas son necesarias e que papel pode xogar cada administración”, conclúe.


























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.

