Ribadeo, 20 de maio de 2026. Ribadeo acolleu este mércores unha das festas do Correlingua na provincia, que este ano anima á rapazada a usar o galego co lema “Co galego no corazón facemos revolución”.
A actividade reuniu alumnas e alumnos de trece centros educativos da Mariña -o IES Plurilingüe San Rosendo e o CEIP Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo, o IES Perdouro e IES Monte Castelo de Burela, o IES Dionisio Gamallo, CIFP Porta da Auga, o CEIP Plurilingüe Gregorio Sanz, o CPR Sagrado Corazón de Xesús de Ribadeo, o CEIP Península da Paz e o IES Marqués de Sargadelos de Cervo, o IES Illa de Sarón de Xove, o CEIP Juan Rey de Lourenzá, e o CEIP Santa María do Valadouro -.
A xornada comezou cunha actuación de Paco Nogueiras no parque de San Francisco para as nenas e nenos de infantil e primaria. As rapazas e rapaces dos institutos fixeron unha archa pola lingua polas rúas da vila, que rematou cunha gran festa tamén en San Francisco. Cinco alumnas e alumnos do IES Dionisio Gamallo leron o manifesto do Correlingua e actuou a banda Sniff&Crash.
A deputada de Cultura Iria Castro asistiu no acto, no que valorou “a gran resposta do profesorado e do alumnado a esta convocatoria para celebrar e reivindicar o uso da nosa lingua”.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a organización das actividades do Correlingua, enfocadas en reivindicar o uso do galego a través de actividades colectivas, lúdicas e de interacción entre o alumnado. A seguinte cita co Correlingua na provincia será o 27 de maio en Lugo.






















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



