Unha das emisoras referentes é a do IES Perdouro de Burela, pois conta cunha proposta moi ambiciosa, asociada a Proxecto Neo, programa desenvolvido polo centro desde hai 15 anos, e con transcendencia máis alá da propia comunidade educativa
Burela, 18 de maio, 2026. A Revista Galega de Educación (RGE), publicación editada polo Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega, vén de lanzar o seu número 93, dedicado integramente á situación da radio escolar en Galicia.
En Galicia existen experiencias moi destacadas de radio escolar desde hai décadas, e mesmo proxectos recoñecidos internacionalmente, como Ponte… nas Ondas!. Porén, foi nos últimos anos cando a radio como ferramenta educativa se estendeu de maneira xeneralizada polos centros galegos, especialmente a través dos programas de bibliotecas escolares.
“Falar de radio, educación e vida é un proceso de deconstrución da propia aprendizaxe, porque ondas e ensino son alicerces fundamentais na formación de calquera persoa”, explican na presentación deste número os seus coordinadores, os xornalistas Sergio Pascual Espinilla e Lucía Abarrategui Amado, que convidan o lectorado a mergullarse nas diferentes perspectivas educativas, radiofónicas e vitais que recolle este monográfico.
A presentación da RGE en Burela é, segundo a organización, “un acto de xustiza”, tendo en conta a traxectoria das emisoras escolares da vila e da comarca da Mariña. Destaca especialmente a emisora do IES Perdouro, considerada unha das máis relevantes de Galicia, cun proxecto que transcende a aula e a propia comunidade educativa, chegando as súas emisións a boa parte do país a través de diferentes canles.
A Revista Galega de Educación pode adquirirse en calquera libraría de Galicia mediante reserva, ou solicitándoa directamente a Nova Escola Galega no correo neg@neg.gal.
ACTO DE PRESENTACIÓN
Luns, 25 de maio – 17:00 h
Salón de Plenos do Concello de Burela
Intervirán:
– Alumnado do IES Perdouro de Burela (condución do acto)
– Bernardo Penabade, principal promotor do Proxecto Neo
– Rita Gradaílle, integrante do Consello Editorial da RGE e veciña de Burela
– Miruca Parga Valiña, coordinadora de Proxecto Neo, docente de Lingua e Literatura Galegas e vicedirectora do IES Perdouro
– Karina Parga Chao, responsable da edición do programa
– Docentes do equipo de radio do IES Perdouro: María García Jartín, Javier Mogo, entre outros

























A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. 



