O director de Turismo presentou a iniciativa co director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, o inspector xefe da Policía Autonómica en Lugo e o delegado da Xunta
Lugo, 25 de maio de 2026. Turismo de Galicia vén de poñer en marcha a campaña informativa A seguridade marca o Camiño, unha nova acción para facilitar aos peregrinos un acceso directo e rápido aos recursos de protección e seguridade dispoñibles en calquera punto da ruta xacobea. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, presentou esta mañá a iniciativa no Centro de Interpretación do Camiño Primitivo, en Lugo, acompañado polo xefe provincial da Unidade de Policía Adscrita de Galicia en Lugo, o inspector xefe Moisés Muñiz, o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, así como o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, onde resaltou que se trata dunha medida “coa que levamos toda a rede de protección que xa temos, directamente ás mans e aos móbiles dos peregrinos”.
Como indicou, esta acción consiste na distribución de máis de 7.600 unidades de material divulgativo con información práctica e accesos directos a teléfonos útiles de emerxencias, Garda Civil, Policía, Servizos de Atención á Muller e especializados, entre outros. Trátase de carteis, pegatinas e tarxetas, que se completan cun código QR de acceso directo a unha páxina web con toda a información. Os materiais están dispoñibles en galego, castelán e inglés, e distribuiranse principalmente na rede pública de albergues do Xacobeo, con especial incidencia nas entradas a Galicia dos distintos Camiños, así como nos albergues privados de peregrinos.
Camiño tranquilo e seguro
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, recordou que esta campaña nace coa intención de seguir traballando de xeito coordinado coa Policía Autonómica, Nacional, Local e a Garda Civil “para garantir que o Camiño de Santiago sexa, como xa é, un espazo protexido onde os peregrinos realicen a ruta de forma segura e tranquila”, expresou Xosé Merelles.
A campaña está enmarcada nos obxectivos do Plan Director dos Camiños de Santiago 2025-2027 no que a Xunta inviste máis de 140M€ que inclúe medidas para optimizar a atención aos peregrinos e tamén no traballo que está realizando a Xunta de Galicia dentro dunha estratexia máis ampla con vistas ao Xacobeo 2027. “O Xacobeo 2027 é unha oportunidade histórica para Galicia e para España. Millóns de peregrinos de todo o mundo virán percorrer os distintos itinerarios xacobeos e buscan, ademais de espiritualidade e experiencias, seguridade e acollida. Esta campaña é tamén a nosa declaración de intencións porque traballamos para que o Xacobeo 2027 sexa lembrado por que Galicia demostra ao mundo que sabe protexer e acoller a quen a visita”.
Ademais, A seguridade marca o Camiño ponse en marcha nun momento de especial vitalidade da peregrinación. No que vai de 2026 xa se entregaron máis de 134.000 Compostelas, un 3% máis que no mesmo período de 2025, cun 69% de peregrinos estranxeiros.



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



