A Fundación EDP recoñeceu o esforzo do centro gañador cun premio de ata 5.000 euros, destinado a unha instalación solar, un punto de recarga eléctrica ou outra iniciativa sostible
Lugo, 26 de maio de 2026. A Fundación EDP celebrou hoxe a final do concurso escolar “Dale Voz a la Tierra: Ideas para la Sostenibilidad”, unha iniciativa educativa integrada no programa Escola da Enerxía, deseñada para fomentar a sustentabilidade, a eficiencia enerxética e a conciencia ambiental entre estudantes de segundo e terceiro ciclo de Primaria. En total, máis de trescentos nenos e nenas de once colexios da provincia de Lugo participaron na gala final desta edición, compartindo ideas e proxectos que buscan mellorar o planeta desde os seus propios contornos.
O CEIP Santa María do Valadouro, de O Valadouro, foi escollido gañador polo xurado formado por Ángela Balboa, enxeñeira en Norvento TechPower; Belén Rodríguez, xornalista da axencia Europa Press Lugo e TerraChaXa; e Jacobo Casas, especialista de distribución en Begasa.
O alumnado do centro gañador amosouse moi satisfeito coa vitoria, destacando o traballo realizado en equipo e recoñecendo tamén o valor das propostas do resto de colexios participantes.
Proxectos orixinais, diversos e cheos de talento
As propostas presentadas destacaron pola súa diversidade, creatividade e enfoque práctico, con iniciativas como a creación de invernadoiros e hortas sostibles, proxectos de reciclaxe e elaboración de compost, sistemas de rega con depósitos de auga de choiva, instalación de paneis solares, construción de hoteis de insectos para favorecer a biodiversidade ou o aproveitamento da enerxía cinética xerada no patio para producir electricidade no propio centro educativo.
Desde o escenario, Valentina Mato, en representación do CEIP A Virxe da Luz, fixo un firme chamamento sobre a importancia de coidar a auga:
“En nuestro pueblo, estando al lado del río Miño, sabemos muy bien el valor que tiene. Queremos recordar a todo el mundo que el agua da vida y que es un recurso muy valioso, por lo que es imprescindible hacer un uso responsable de ella”.
As súas palabras emocionaron ao público, lembrando o forte vínculo da comunidade co seu entorno natural.
Pola súa banda, Lidia Vizoso, do CEIP Santa Rita, sinalou que “la tierra lleva años pidiéndonos ayuda y nosotros ya hemos aprendido la lección. Somos las semillas del futuro”.
A directora da Fundación EDP, Vanda Martins, destacou desde Lisboa que “en Fundación EDP creemos firmemente que los más jóvenes tienen mucho que decir sobre el futuro, y que la sostenibilidad empieza en las aulas, en los colegios y en las pequeñas acciones del día a día”.
A gala, celebrada no Círculo das Artes de Lugo, reuniu os centros CEIP Santa Rita (Viveiro), CEIP Os Castros (Burela), CEIP Celso Currás (Trabada), CEIP Santa María do Valadouro, CEIP de Quiroga, CEIP Fondo Nois (Foz), CEIP O Vicedo, CEIP Virxe da Luz (Portomarín), CPR Divina Pastora–Salesianos, Colexio Fingoi (Lugo) e CEIP Menéndez Pelayo (Lugo).
EDP ten presenza en Lugo a través de Begasa, distribuidora eléctrica do grupo na zona. A colaboración de empregados de Begasa nesta edición reforza a vinculación territorial do concurso e o compromiso da Fundación EDP coa educación ambiental, a transición enerxética e o impulso dunha cultura enerxética responsable entre a mocidade.
A Fundación EDP continúa promovendo a “cultura verde” con accións sostibles entre os máis novos a través desta edición de “Dale Voz a la Tierra”, que chega a Lugo tras pasar por Sagunto, Madrid, Oviedo, Sevilla e Alxeciras.
Sobre a Fundación EDP
A Fundación EDP ten como obxectivo fomentar unha transición enerxética xusta, reforzando o compromiso do Grupo EDP nos territorios onde desenvolve a súa actividade, con especial atención aos ámbitos educativo, cultural, social e ambiental, dentro dunha perspectiva de desenvolvemento sostible global, na que a xeración e o uso eficiente e responsable da enerxía xogan un papel determinante.






















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



