Burela, 28 de maio, 2026. A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, presidiu hoxe en Burela, xunto á alcaldesa, Carmela López, a Xunta Local de Seguridade convocada co obxectivo de coordinar o dispositivo especial das Festas Patronais e dos eventos que se celebren durante o período estival.
Na xuntanza, abordouse a situación da seguridade cidadá no concello e analizouse o operativo previsto para garantir a seguridade durante as Festas Patronais, que contará coa participación e coordinación da Garda Civil, o subsector de Tráfico, a Policía Autonómica e a Policía Local.
Ademais, a subdelegada salientou o compromiso do Goberno coa prevención e a sensibilización a través dos plans operativos da Secretaría de Estado de Seguridade. En concreto, destacou o desenvolvemento do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos centros educativos, impartindo 52 conferencias e unha exhibición de medios no curso 2025/2026 a petición dos propios centros.
Olimpia López puxo en valor a cooperación entre administracións e o traballo coordinado das forzas e corpos de seguridade como elementos clave para garantir tanto a seguridade dos grandes eventos como a tranquilidade no día a día da cidadanía.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



