A alcaldesa, Ana María López, destaca que “seguimos trabajando para ofrecer recursos útiles a las familias, especialmente durante el verano, cuando muchas necesitan apoyo”
Cariño, 28 de maio, 2026. O Concello de Cariño abre o prazo de inscrición para participar no campamento de verán ‘Cariño Concilia Verán 2026’, unha iniciativa dirixida a facilitar a conciliación das familias durante os meses estivais mediante unha oferta de lecer educativo e saudable para nenos e nenas do municipio.
O campamento desenvolverase en varias quendas entre o 1 de xullo e o 31 de agosto nas instalacións do CEIP Manuel Fraga Iribarne, en horario de 9:30 a 14:30 horas. As inscricións poderán formalizarse ata o martes 16 de xuño ás 12:00 horas a través da páxina web escuelascontalento.es, e as bases estarán dispoñibles para consulta na web municipal.
A actividade contará cun máximo de 36 prazas para menores de entre 3 e 12 anos. Desde o Concello apóstase por prezos accesibles que faciliten a participación de todas as familias.
‘Cariño Concilia Verán 2026’ ofrecerá unha programación centrada na aprendizaxe e na diversión, con propostas como xincanas, obradoiros de creatividade e enxeño, actividades de ciencia, música e movemento, xogos deportivos, actividades acuáticas e excursións.
A alcaldesa, Ana María López, destacou que “desde el Concello seguimos trabajando para ofrecer recursos útiles a las familias, especialmente durante el verano, cuando muchas necesitan apoyo para compatibilizar sus responsabilidades laborales y familiares”.
Así mesmo, a rexedora sinalou que “este campamento no solo facilita la conciliación, sino que también garantiza a los niños y niñas un espacio educativo, dinámico y seguro en el que disfrutar de sus vacaciones”.






















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



