Foz, 29 de maio de 2026. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, agradece á Deputación de Lugo e á súa presidenta, Carmela López, o seu compromiso con Foz, a raíz da aprobación na Xunta de Goberno Local de Deputación deste venres dun proxecto de inversión de 250.000 euros en rúas e estradas da localidade que son titularidade da Deputación.
“Con este proxecto imos renovar por completo o firme das rúas Eduardo Pondal, Noriega Varela e rúa do Porto. Estes traballos veñen a completar as actuacións xa executadas nas rúas Concello de Cervo, Alfonso X ou Irmandiños. Vamos contar con nova sinalización e mellorar a seguridade das nenas e nenos cunha beirarrúa máis ampla na entrada principal do Colexio Nº 1 e un paso de peóns elevado no entorno do centro escolar”, destaca o alcalde, que engade: “son rúas cun firme en mal estado e o proxecto contempla actuacións adicionais como a reposición de bordos das beirarrúas deteriorados ou unha rede de sumidoiros en Eduardo Pondal, no entorno do colexio, que carecía deles”.
O rexedor municipal anuncia tamén outras actuacións: “En Marzán, nas rúas Vicedo e Xove, vaise fresar e repoñer o firme en 120 metros que están en mal estado. Tamén se van facer reparacións puntuais no barrio de Río, en San Martiño -na estrada á Basílica-, en 90 metros da LU-P-2007 en Nois – onde tamén se van a dispoñer barreiras de seguridade no entorno da capela das Flores-, no inicio da estrada de Vilaronte á Espiñeira e na LU-P-2013 tamén en Nois, onde se van a renovar 450 metros de firme en mal estado. As actuacións contemplan a mellora de sinalización, con ata 20 quilómetros de marcas viarias”.



















A cita, sábado e domingo, contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O colectivo denuncia que, tras anos de espera, continúa sen obter unha resposta xusta ás súas reivindicacións e esixe o recoñecemento da súa categoría profesional, unha reclasificación acorde coa súa cualificación e unha retribución inmediata e adecuada ás súas funcións. Os profesionais reclaman tamén axilidade nas solucións, lembrando que levan demasiado tempo entre promesas incumpridas e parálise administrativa.



