A Mariña, 30 de maio, 2026. A Plataforma Sanitaria da Mariña vén de sumarse ao chamamento de SOS Sanidade Pública en todo o país e convoca unha concentración diante do Hospital da Mariña para denunciar as vergoñentas listas de agarda que están a sufrir as persoas enfermas. Segundo o colectivo, en moitos casos as esperas superan amplamente un ano, chegando mesmo aos dous e tres anos para consultas hospitalarias ou probas diagnósticas.
A plataforma alerta de que estes tempos de agarda están a provocar atrasos en diagnósticos que poden afectar directamente ao prognóstico das enfermidades, así como agravamentos en procesos xa diagnosticados que precisan dun seguimento periódico. Sinalan tamén que existen casos nos que estas demoras tiveron consecuencias fatais.
O colectivo leva tempo denunciando unhas listas de agarda que considera “vergoñentas” e que, segundo afirman, incumpren a lexislación vixente. Engaden que os datos oficiais que se fan públicos son “irreais” e estarían “maquillados para ofrecer unha imaxe falsa da situación da sanidade pública”.
A coordinadora da Plataforma Sanitaria, Montse Porteiro, anima a toda a sociedade mariñá a participar na concentración convocada para o xoves 4 de xuño ás 12:00 horas diante do hospital. Porteiro subliña que estas esperas están a xerar medo, incerteza, complicacións nas enfermidades e mesmo mortes evitables.
Desde o colectivo, integrado en SOS Sanidade Pública, esixen solucións urxentes, entre elas:
– Incrementar os recursos da atención primaria e hospitalaria.
– Poñer os hospitais a pleno rendemento.
– Rematar coas derivacións á sanidade privada.
– Investir na sanidade pública os fondos que agora se destinan á privada.
– Poñer fin á manipulación das listas de agarda.
– Apostar pola dedicación exclusiva do persoal sanitario.


























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.


