Alfoz, 2 de xuño, 2026. O Concello de Alfoz pon en marcha unha nova edición do programa de conciliación estival Ludiverán, unha iniciativa destinada a facilitar a compatibilización da vida familiar e laboral durante os meses de verán. Ao mesmo tempo, ofrece aos nenos e nenas un espazo de lecer, convivencia e aprendizaxe nun entorno seguro e divertido.
O programa está dirixido á rapazada nacida entre 2014 e 2022 e desenvolverase entre o 29 de xuño e o 31 de agosto. O horario habitual será de 10:00 a 13:00 horas, con opción de entrada anticipada ás 9:00 e saída ás 14:00, adaptándose así ás necesidades das familias.
As prazas son limitadas e o prazo de inscrición estará aberto do 5 ao 12 de xuño. As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica municipal ou de forma presencial na Casa do Concello. As bases completas están dispoñibles tanto na web municipal como na sede electrónica.
Ao longo do verán, os participantes gozarán de actividades lúdicas, xogos, obradoiros e propostas adaptadas ás diferentes idades, promovendo valores como a cooperación, a creatividade, a convivencia e o respecto.
Desde o Concello de Alfoz destacan que o Ludiverán se consolidou nos últimos anos como un servizo fundamental para moitas familias, converténdose nun recurso moi demandado durante o período non lectivo. O programa busca ofrecer unha alternativa de ocio educativo de calidade, favorecendo ao mesmo tempo a conciliación familiar durante os meses estivais. Ademais, o Concello continúa apostando por esta iniciativa, que en edicións anteriores xa ampliou horarios para adaptarse mellor ás necesidades das familias.
A alcaldesa de Alfoz, Efigenia Maseda, sinala que “o Ludiverán é unha ferramenta moi importante para apoiar ás familias do noso concello durante o verán, ofrecendo aos nenos e nenas un espazo seguro onde divertirse, socializar e aprender mentres os pais e nais poden compatibilizar mellor as súas responsabilidades laborais e familiares”.
Engade tamén que “seguimos traballando para ofrecer servizos que melloren a calidade de vida da veciñanza e que contribúan a fixar poboación e apoiar ás familias no rural”.






















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



