A Mariña, 2 de xuño, 2026. “Os senadores do PP por Lugo volven á carga para criticar ao Goberno de Pedro Sánchez pola iluminación da rotonda próxima á A‑8 en Ribadeo. Porén, as restricións que denuncian foron impostas polo propio Goberno de Mariano Rajoy”, afirma o senador socialista, César Mogo.
“Se se tivesen molestado en revisar a documentación, comprobarían que os criterios de iluminación están establecidos pola Orde Circular 36/2015, aprobada polo Ministerio de Transportes que dirixía Ana Pastor. É dicir: aquilo que calaron daquela, critícano agora. Un exemplo máis de que non pensan en Ribadeo, senón en atacar ao Goberno central. E, por se lles resulta difícil atopar a Circular —que consta de dous tomos—, facilítolla eu mesmo, lembrando que foi elaborada cunha Comisión de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos”, engade.
“Non é a primeira vez que meten a pata. Hai unhas semanas fixérono en Vilalba, reclamando ao Goberno central actuacións nunha propiedade que é da Xunta de Galicia. Antes criticaran que non se ampliase o Polígono de Rábade cando quen incumprira esa responsabilidade era a alcaldesa do PP. E así, sucesivamente”.
“Non lles pido que fagan unha pausa —entendo que teñen que facer méritos na súa propia casa—, pero si lles recomendo que preparen mellor os asuntos cos que pretenden confundir aos veciños de Lugo e, neste caso, da Mariña. Polo menos, que o fagan ben”.
“Chama tamén a atención que, nas respostas do Goberno, o PP oculte todo aquilo que non lle convén pero que é positivo para a provincia. Por exemplo, no relativo ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que contan con máis efectivos en Lugo na etapa de Sánchez que na de Rajoy. Os senadores do PP teñen esa información por escrito, aínda que procuraron non difundila”.
“O peor é que, nesta ocasión, volveron arrastrar ao alcalde de Ribadeo. El saberá o custo que asume ao expoñerse, xunto cos parlamentarios do seu partido, a semellantes erros”, conclúe.






















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



