Ribadeo, 4 de xuño de 2026. A Escola Municipal de Música e Danza (EMMD) de Ribadeo participará nunha das citas musicais e culturais máis significativas do calendario galego: o encontro No bico un cantar. Este venres, 5 de xuño, unha delegación de nenos e nenas do centro ribadense desprazarase ata Vilalba para sumar as súas voces ás de centos de alumnos e alumnas procedentes de diversos conservatorios e escolas de música de toda a comunidade.
Esta iniciativa, promovida polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Xunta de Galicia, celebra a súa edición de 2026 baixo o lema Nenas e nenos cantan á Terra Chá. O obxectivo desta convocatoria é trasladar a paixón pola música culta e a poesía galega a través das voces máis novas, que estarán acompañadas polo prestixioso sexteto de metais Hércules Brass e baixa a dirección do mestre Maximino Zumalave.
Dende a dirección da EMMD de Ribadeo salientan a importancia de que o alumnado participe neste tipo de encontros colectivos: “para a nosa escola é unha oportunidade única de convivencia musical e de posta en valor da nosa lingua e literatura a través do canto coral”.
O concerto, que é de balde e aberto a todo o público, está previsto para as 17:30 horas na eescalinata da Rúa das Pedreiras, ao lado do Auditorio Carmen Estévez. En caso de que a meteoroloxía sexa adversa, a organización trasladará o evento ao interior do auditorio vilalbés.
No bico un cantar naceu no ano 2013 e dende entón percorreu vilas como Santiago (dedicado a Rosalía), Celanova (Curros Enríquez), Mondoñedo (poetas mindonienses) ou Ribadavia (Xeración Nós), entre outras.























Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



