Balseiro lembra que “dous servizos estatais -a Garda Civil e Correos- sofren carencias de persoal” polo que convida ao senador do PSOE a presentar iniciativas para instar ao Goberno de Sánchez a cubrir as prazas vacantes nestes servizos do seu concello de orixe
O Valadouro, 4 de xuño de 2026. O senador mariñán do Partido Popular, José Manuel Balseiro, advirte que “durante o Goberno de Sánchez os efectivos do cuartel da Garda Civil do Valadouro se reduciron nun 66%: dos 6 que había no 2018 aos 2 da actualidade”.
Os representantes do PP lucense no Senado dirixíanse formalmente ao Goberno de Sánchez para saber se consideraban axeitada a dotación de persoal neste cuartel e cando pensaba cubrir as vacantes; pero, á vista de que “non respondeu a nada do que preguntabamos, entendemos que non ten previsto cubrir as prazas”, expón Balseiro.
“Iso si, o ministro Marlaska asegura que entre os anos 2012 e 2018 se perderon 13.000 efectivos en España e que, a partir dese ano, comezaron a cubrir as prazas. Pero no Valadouro sucede o contrario: no ano 2018 había 6 efectivos e hoxe hai 2”, censura.
O alcalde, José Manuel Lamela, explica que “o cuartel do Valadouro é o máis antigo da provincia” (data de 1936) e asegura que “dende o Concello temos interese en que continúe prestando servizo”. Pero, segundo considera, “o actual número de efectivos non é suficiente para atender axeitadamente aos municipios do Valadouro e Alfoz”.
SERVIZOS ESTATAIS CON PRAZAS VACANTES
Balseiro considera “chamativo” que “dous servizos instalados no municipio do Valadouro e que dependen ao 100% do Goberno de Sánchez sufran carencias de persoal”. De feito, “o catálogo da Garda Civil está cuberto neste momento só un 33% e o servizo de Correos está cuberto ao 50%, xa que dispoñía de 4 traballadores e agora só hai 2”.
O senador do PP convida ao seu homólogo do PSOE, César Mogo, a presentar iniciativas no Senado para esixir ao Goberno de Sánchez a cobertura de prazas vacantes destes dous servizos do seu concello de orixe. “Sería unha boa oportunidade para demostrar que fai algo” porque “sería unha das poucas iniciativas que teña presentado o representante socialista no que vai de lexislatura en defensa dos intereses dos lucenses”.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



