Viveiro, 5 de xuño, 2026. No día de onte celebrouse no Concello de Viveiro a primeira reunión participativa do proceso de avaliación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña Ortegal.
O principal obxectivo desta reunión foi presentar o avance dos resultados da execución do programa, ao tempo que se desenvolveu unha dinámica de traballo para escoitar de primeira man as valoracións realizadas por diferentes persoas e entidades do territorio.
O evento, presentado polo presidente do GALP, Javier Martínez Otero, e polo tenente de alcalde de Viveiro e vicepresidente do Grupo, Martín Vale, contou coa participación de máis de 30 entidades e promotores da zona costeira da Mariña e Ortegal. A valoración foi moi positiva, destacando a aprendizaxe que supón facer partícipe a toda a comunidade na análise do traballo desenvolvido polo GALP.
Dos seis millóns de euros cos que conta o programa de axudas neste territorio, a 31 de decembro de 2025 executáranse 2.351.526,52 euros, distribuídos en 47 proxectos financiados. Esta axuda resultou decisiva para moitos promotores, que indicaron que, de non dispoñer dela, terían atopado serias dificultades para acometer os seus proxectos ou mesmo non os terían levado a cabo.
En canto á distribución do crédito, máis de 1,1 millóns de euros destináronse a entidades sociais —principalmente confrarías—, arredor de 700.000 euros a concellos, e máis de medio millón de euros a promotores de iniciativas empresariais, xerando máis de trece empregos.
O ritmo de execución foi en aumento ata a data de peche da avaliación. Ademais, neste ano 2026 rexistrouse unha forte demanda de axudas ao abeiro do programa. Na convocatoria deste ano presentáronse 27 proxectos, cun impacto económico superior aos 4,3 millóns de euros, considerando o importe subvencionable. En termos de axuda solicitada, demandouse un apoio superior aos 2,1 millóns de euros, o que evidencia o importante impulso que está a supoñer o programa para apoiar iniciativas na zona costeira.
O proceso participativo continúa aberto, podendo realizarse unha valoración do traballo desenvolvido a través dun formulario dispoñible nas redes sociais do grupo. Ademais, celebrarase un Foro de Participación no que se presentarán os resultados finais da avaliación.






















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



