O delegado trasladou ao alcalde que este verán licitarase a primeira fase en Arealonga, xa aprobada, cun investimento de 300.965 euros e un prazo de execución de 6 meses
Foz, 5 de xuño de 2026. O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, reafirmou hoxe no Concello de Foz o compromiso do Executivo para licitar este verán as obras de retranqueo do paseo da praia de Arealonga, unha actuación destinada a ofrecer “unha solución definitiva aos problemas ocasionados polos desprendementos rexistrados nos últimos anos no litoral focense”.
Durante unha reunión de traballo co alcalde de Foz, Francisco Cajoto, na que tamén participaron a subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, e o xefe da Demarcación de Costas en Galicia, Carlos Gil, analizouse o avance dos dous proxectos impulsados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a través do Servizo Provincial de Costas.
Pedro Blanco destacou a implicación do Goberno e a colaboración institucional co Concello para facer realidade unhas actuacións que “mellorarán a seguridade das persoas usuarias, reforzarán a protección da costa e adaptarán estes espazos aos efectos dos temporais e do cambio climático”. Subliñou ademais o rigor técnico do traballo desenvolvido por Costas, que completou os estudos de estabilidade dos noiros e definiu as solucións máis axeitadas.
Fase 1: retranqueo do paseo de Arealonga
A primeira fase, xa aprobada e en fase de contratación, permitirá executar un novo trazado de 450 metros sobre terreos públicos cedidos polo Concello, afastando o paseo das zonas máis afectadas polos desprendementos. O investimento previsto é de 300.965,59 euros e o prazo de execución será de seis meses.
Tras a reunión, o alcalde e o delegado desprazáronse ata a zona de Arealonga, onde Cajoto explicou que se acondicionarán camiños municipais para garantir o tránsito peonil e dar continuidade ao paseo tras os derrubes rexistrados preto do Castro de Fazouro.
Fase 2: actuación en Cangas de Foz
O encontro abordou tamén a situación da segunda fase, prevista no entorno de Cangas de Foz, onde o paso permanece cortado desde os derrubes de 2024. O Servizo Provincial de Costas completou xa os estudos técnicos e a redacción do proxecto, que contempla o retranqueo do paseo en dous puntos especialmente afectados. A actuación conta cun investimento de 272.517,52 euros e un prazo estimado de seis meses.
Delegado e alcalde coincidiron na necesidade de avanzar de maneira coordinada para completar os trámites pendentes e posibilitar a súa execución no menor prazo posible.
Outros asuntos tratados
Na reunión abordáronse tamén:
– A análise dos danos estruturais da ponte de madeira da Ronqueira, no paseo entre Rapadoira e Llas, actualmente cortado ao tránsito.
– A posibilidade de crear unha área recreativa na praia da Areoura, unha vez demolidos os antigos chalés.
– O avance dos trámites de reversión dos terreos do peirao, que está a xestionar Portos de Galicia.
Compromiso coa protección do litoral
Pedro Blanco lembrou que o Goberno mantén unha aposta decidida pola protección e recuperación do litoral lucense, cun investimento mobilizado por Costas en Lugo que supera os 6 millóns de euros nos últimos anos.
Pola súa banda, o alcalde de Foz valorou a visita como “moi positiva” e destacou que actuacións como o paseo Peizás–Pampillosa, a ampliación do paseo da Rapadoira, a adecuación da Tamaniña ou a mellora do portiño de Nois “son moi valoradas pola veciñanza”. Subliñou ademais que estas novas intervencións permitirán seguir avanzando na seguridade e na recuperación do litoral focense.





















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



