Critican que o Concello mantivo o diñeiro nos seus caixóns dende xullo de 2023 sen facer xestións nin emitir un bando ou charla para informar á veciñanza
Mondoñedo, 8 de xuño, 2026. O Grupo Municipal do PSOE de Mondoñedo denunciou publicamente a “incompetencia política” do PP local tras confirmarse, na pasada sesión plenaria, a devolución dunha subvención de 650.000 euros procedente dos fondos europeos Next Generation EU. Esta contía estaba destinada especificamente á rehabilitación conxunta de edificios e á mellora de espazos públicos en contornas residenciais (Programa 1: Barrios), ao abeiro do Real Decreto 853/2021 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Segundo explican, “tras unha pregunta formulada polo PSdeG de Mondoñedo no pleno, o alcalde informou de que tivo que devolver esta subvención porque quedou deserta ao non haber solicitantes. Pero, tal e como puidemos comprobar, o Goberno do PP nin sequera se molestou en emitir un bando municipal, nin o publicou nas redes sociais, nin organizou unha soa charla informativa, nin convocou á veciñanza para explicar os beneficios deste programa e orientar sobre como solicitar as axudas”.
Engaden que “só houbo unha publicación no BOP coas bases, cando faltaba apenas un mes para que rematase o prazo de presentación”. Por iso, insisten en que esta renuncia “constitúe unha neglixencia histórica e supón un golpe para o desenvolvemento económico e social de Mondoñedo, privando aos veciños e veciñas dunha oportunidade única para mellorar as súas vivendas nun momento de especial dificultade”. Segundo o informe municipal, o Executivo local mantivo o diñeiro sen executar desde xullo de 2023.
Desmontando as escusas do alcalde sobre a Xunta
Durante o pleno, o PP asegurou que, tras varias conversas coa Xunta, solicitaron que “eses cartos volvan a investirse en Mondoñedo”. O PSdeG lembra ao Goberno local que esta subvención está regulada por un Real Decreto estatal (RD 853/2021).
“Polo tanto, nin a Xunta de Galicia nin o alcalde teñen competencia para cambiar o destino duns fondos europeos finalistas xa asignados. Unha vez presentada a renuncia o 20 de maio de 2026, os cartos deben ser devoltos obrigatoriamente ao Tesouro Público para seren reasignados polo Ministerio conforme á normativa europea. O alcalde vende fume: ese diñeiro para vivenda perdeuse para sempre”, subliñan.
Cronoloxía dun abandono: tres anos de parálise
O PSdeG detalla a secuencia que, ao seu xuízo, evidencia a inacción do Executivo do PP:
– 6 de outubro de 2021: publícase o Real Decreto estatal que regula as axudas.
– 19 de xullo de 2022: publícase a resolución autonómica tras os acordos co IGVS.
– 19 de outubro de 2022: o Concello presenta a solicitude para participar.
– 11 de maio de 2023: asínase o acordo da Comisión Bilateral que ratifica a subvención.
– 7 de xullo de 2023: transfírense os 650.000 euros ás arcas municipais.
– 20 de maio de 2026: tras case tres anos sen executar nada, o PP presenta a renuncia formal.
Limpeza do Cemiterio Vello, Auditorio e Escola de Música
Noutra orde de asuntos, o Grupo Municipal Socialista solicitou coñecer que beneficios achega o convenio asinado coa empresa Norvento, que consiste no arranxo dunha pista entre a Cruz da Cancela e Campo de Oso. Tamén interpelaron ao Goberno local pola necesidade de limpar as tajeas en Cubelos (Santa María Maior).
No apartado de rogos, o PSOE reclamou tarefas urxentes de limpeza no Cemiterio Vello, así como unha posta a punto profunda no edificio da Escola Municipal de Música e no Auditorio. Ademais, instaron ao Concello a requirir aos propietarios dun inmoble da rúa Bispo Sarmiento o seu mantemento inmediato ante o risco de caída de cristais á vía pública, así como información sobre a casiña para gatos do barrio de San Lázaro, que finalmente apareceu tras ser subtraída.























O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



