Foz, 8 de xuño de 2026. O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial e do rego automático do Campo de Fútbol Municipal de Malates por un importe de 203.221 euros. Está actuación, que está previsto rematar nas vindeiras semanas, lévase a cabo grazas a un acordo acadado entre o goberno local socialista e o grupo municipal do Partido Popular.
O alcalde, Fran Cajoto; o concelleiro de Deportes, Ángel Fernández; e o voceiro municipal do PP, Javier Castiñeira; visitaron as instalacións deportivas de Malates hoxe, luns, para ver a marcha das obras.
Fran Cajoto explicou: “estamos renovando o céspede, a través dun convenio coa Deputación de Lugo, despois da adxudicación desta obra por 203.000 euros de investimento; e tamén cun acordo co Partido Popular, que solicitou esta inversión moi necesaria porque o céspede estaba en moi mal estado. Desde o Concello estamos traballando precisamente para que os clubs teñan as mellores superficies, os mellores campos de xogo. A Asociación Deportiva Santiago de Foz, o Club Deportivo Foz e tamén o Club Atletismo Ría de Foz utilizan estas instalacións. Con este rego subterráneo que se vai instalar e este novo céspede case podo dicir que vamos ter un dos mellores campos da provincia”.
E Javier Castiñeira comentou que visitou esta obra “con moita gratitude porque era unha petición que nos fixera a comunidade deportiva usuaria destas instalacións. Son moitos clubs e a verdade é que foi un pacto traballado politicamente no seu momento co equipo de goberno. Era unha necesidade, dado que había baches e polo tanto posibles riscos de lesións. Foi a comunidade deportiva e usuaria deste campo a que nolo pediu e así o fixemos dentro dese pacto para sacar adiante o contrato da auga. E eu creo que o final é positivo para todos e que van a quedar unhas instalacións estupendas e duradeiras. Con este campo botamos 15 anos e loxicamente o obxectivo é levar un bo mantemento para intentar superar ese tempo, que vai en función do mantemento que se faga”.




















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



