Cervo, 9 de xuño, 2026. O Concello de Cervo pon en valor o éxito do Campionato Galego Alevín Mixto de Verán de Waterpolo, que reuniu a máis de cen cativos e cativas na piscina municipal de Lieiro ao longo da fin de semana.
Durante as xornadas de competición, as instalacións convertéronse no epicentro do waterpolo base galego, nun ambiente marcado pola deportividade, a convivencia e a ilusión dos máis pequenos por este deporte.
O campionato concluíu coa vitoria do CW Santiago A, seguido do RCN de Vigo A como subcampión e do CW As Mariñas, que ocupou o terceiro posto. A cuarta posición foi para o Club Waterpolo Rías Altas.
Na entrega de medallas participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; o concelleiro de Deportes, David Rodríguez; o edil de Emprendemento, Adrián Arias; e o presidente da Federación Galega de Natación, Juan Carlos Carroa Brión.
O Concello de Cervo agradece á Federación Galega de Natación, aos clubs participantes, ao persoal técnico, ás familias e a todas as persoas implicadas o seu traballo e colaboración para facer posible esta cita deportiva.
A alcaldesa destacou “a importancia de que Cervo siga acollendo eventos deportivos deste nivel, que non só fomentan hábitos saudables e valores entre a mocidade, senón que tamén xeran convivencia e dinamizan o noso municipio”.
Con esta iniciativa, o Concello reafirma o seu compromiso co deporte base e coa promoción das súas instalacións como espazos capaces de acoller competicións e actividades que poñen en valor o talento deportivo galego.






















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.


