O consistorio promove e celebra, este mércores, o primeiro Encontro de Participación Xuvenil do Occidente, con asistencia de trece grupos do Eo‑Navia
El Franco, 11 de xuño, 2026. O Auditorio As Quintas da Caridá acolleu este mércores, 10 de xuño, o primeiro Encontro de Participación Xuvenil do Occidente de Asturias, unha iniciativa impulsada polo Concello de El Franco en colaboración coa Fundación Cruz de los Ángeles, coa que o consistorio traballa en materia de infancia e xuventude.
A xornada reuniu a mocidade procedente de distintos municipios do Occidente, desde Boal até Os Oscos, nunha cita concibida para escoitar propostas, compartir experiencias e dar protagonismo a quen habitualmente non ocupa o centro dos debates públicos: os propios menores.
A resposta superou as expectativas. Participaron trece grupos diferentes e, durante máis dunha hora, foron debullando proxectos e ideas sobre cuestións moi diversas. Houbo propostas relacionadas co benestar emocional, a sustentabilidade, a enerxía, o lecer, a convivencia ou a mellora das aldeas. Algunhas nacían de necesidades concretas; outras, dunha ollada diferente sobre problemas que as persoas adultas levan anos tentando resolver.
A concelleira de Infancia, Victoria Zarcero, valorou moi positivamente o resultado do encontro. “Ha sido todo un éxito. Hemos tenido muy buena asistencia, participaban trece grupos diferentes y nos han aportado ideas maravillosas y una visión muy enriquecedora para construir el futuro desde una mirada más juvenil”.
Un dos aspectos máis destacados da xornada foi precisamente a creatividade amosada polas persoas participantes. Lonxe de limitarse a expoñer demandas, os grupos presentaron iniciativas concretas e traballadas, demostrando que a participación infantil e xuvenil pode converterse nunha ferramenta real para mellorar o territorio.
Zarcero tamén quixo recoñecer o labor desenvolvido pola técnica municipal responsable do Plan de Infancia. “Tengo que felicitar a nuestra técnica por cómo lo ha trabajado. Creo que este será el primero de muchos encuentros”.
O Concello de El Franco considera que esta experiencia abre unha liña de traballo con grande percorrido para o conxunto da comarca. Escoitar á mocidade, dar espazo ás súas propostas e convertelas en parte da conversa pública foi, precisamente, o obxectivo co que naceu o encontro.

























A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.



