A xornada reunirá música, deporte, gastronomía e creación artística en distintos espazos públicos da vila con motivo do partido entre España e Cabo Verde do Mundial 2026
Burela, 11 de xuño de 2026. Burela ultima os preparativos para celebrar o Festival De Cabo a Cabo, unha proposta impulsada pola Deputación de Lugo, o Concello de Burela, a Asociación Cultural Fanto Fantini e coa dirección creativa de Anxo Ferreira que converterá a vila nun espazo de encontro arredor da música, o deporte, a gastronomía e a creación artística o vindeiro luns, 15 de xuño.
A programación desenvolverase en diferentes puntos do municipio, principalmente na praza da Mariña, a praia do Portelo, o parque Rosalía de Castro e a praza de Abastos.
Ao longo da tarde e da noite sucederanse os concertos, as actividades deportivas, as degustacións gastronómicas e as intervencións artísticas nunha xornada que reunirá diferentes propostas culturais e comunitarias vinculadas á realidade multicultural de Burela.
Programación musical e actividades durante toda a xornada
A praza da Mariña será o principal punto de encontro do festival e acollerá dende as 15:00 horas a programación musical e a retransmisión do encontro entre España e Cabo Verde. A xornada arrancará co concerto de Saya entre as 15:00 e as 16:15 horas. A continuación, entre as 16:15 e as 17:45 horas, será a quenda de Baiuca DJ Set, antes da retransmisión do partido, prevista entre as 17:45 e as 20:00 horas.
Continúan as actuacións musicais con Batuko Tabanka, entre as 20:00 e as 20:50 horas; DJ Danifox, entre as 20:50 e as 22:00 horas; e DJ Kandole, que pechará a programación entre as 22:00 e as 23:30 horas.
De maneira paralela, entre as 16:00 e as 17:00 horas desenvolveranse as actividades deportivas previstas no festival, cun torneo de fútbol 3×3 na pista do Parque Rosalía de Castro e fútbol praia na Praia Urbana. Ademais, arredor das 17:30 horas comezará a degustación gastronómica con propostas de Senegal, Cabo Verde e Perú.
O festival contará tamén cunha instalación artística da man de Alicia Alonso, que estará na praza de Abastos, nas porterías da praia do Portelo e na praza da Mariña.




















A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



