A deputada Montse Valcárcel denuncia que hai parcelas pagadas sen limpar e concellos sen medios, e advirte: “O lume de Valdeorras, Oímbra e o Ribeiro queimou terreos que xa ían estar limpos”
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2026. A deputada do Bloque Nacionalista Galego, Montse Valcárcel, denunciou hoxe o “incumprimento inaceptable” do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que prometera en setembro de 2025 completar a limpeza das faixas secundarias de todos os concellos de menos de 10.000 habitantes antes do 31 de maio de 2026. “Ese prazo pasou e o compromiso non se cumpriu”, afirmou Valcárcel, quen rexistrou un paquete de iniciativas parlamentarias para exixir explicacións e un calendario real.
“En setembro de 2025, tras un verán devastador que deixou case 120.000 hectáreas arrasadas, Rueda prometeu algo concreto e verificable. Puxo 25 millóns de euros sobre a mesa, asináronse convenios, fixouse un prazo. Ese prazo pasou, e o compromiso non se cumpriu”, sinalou a deputada.
Valcárcel detallou que “hoxe hai plans municipais remitidos en marzo que seguen sen executar. Hai parcelas cuxa limpeza xa foi pagada nas que non se fixo ningún corte. Hai concellos que denuncian que non chegaron medios nin brigadas”.
A representante do BNG puxo o foco na gravidade dos feitos: “En Valdeorras, en Oímbra, no Ribeiro, o lume do ano pasado queimou terreos que xa foran aboados para limpar. Iso non é un fallo técnico. É un incumprimento presidencial que pon en risco vidas e bens nos concellos máis pequenos de Galiza”.
Por iso, o BNG rexistrou unha interpelación ao presidente, dúas proposicións non de lei e tres preguntas parlamentarias para que a Xunta dea conta dos calendarios concretos, concello por concello, dos quilómetros executados, as brigadas mobilizadas e a porcentaxe de avance. “Ana Pontón preguntaralle directamente a Rueda no Pleno do Parlamento e exiximos un calendario real, concello por concello, antes de que chegue outro verán seco”, concluíu Valcárcel.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



