A Mariña, 15 de xuño de 2026. Segue aberto o prazo de inscrición para participar no curso de verán que organizan a Mancomunidade de Concellos da Mariña e a Universidade da Coruña. O título é Emprender no sector turístico na Mariña Lucense e terá lugar do 6 ao 9 de xullo en horario de 16 a 21 horas na antiga escola de San Cosme de Barreiros. Esta acción formativa, dirixida tanto ao alumnado universitario, como ao público en xeral e profesional, ten como obxectivo achegar coñecemento, habilidades e competencias profesionais interesantes de cara ao emprendemento.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explicou que “a través de obradoiros e diferentes dinámicas con profesionais do sector, traballarase en temas tan interesantes como a análise de competencia, o modelo de negocio, o descubrimento de clientes, a avaliación financeira, a estratexia e o posicionamento competitivo, o lanzamento de produtos, a dixitalización e o comercio electrónico ou a fiscalidade do emprendemento”.
A dirección do curso asúmea Antonio García Lorenzo, profesor da Facultade de Economía e Empresa da UDC, natural do Valadouro; e a secretaría Tania Hermida, axente de desenvolvemento turístico da Mancomunidade de Concellos.
O prezo do curso é de 50 euros para o público xeral, tamén o profesional, habendo un prezo reducido de 30 euros para a comunidade da UDC, alumnado universitario, persoas desempregadas e pensionistas. Asemade, resérvanse prazas gratis para o alumnado bolseiro dos Cursos de Verán 2026 da UDC.
A asistencia a este curso de Emprender no sector turístico na Mariña Lucense será recoñecida como créditos nos estudos de grao, que se convalidarán segundo o plan de estudios de cada titulación.
O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 5 de xullo. As prazas son limitadas (50), polo que as persoas interesadas en asistir deben formalizar a matrícula a través do seguinte enlace:
https://udcxest.udc.gal/xest/publica/actividad/ampliar.xhtml?idobjsel=4075&_gl=1*rjyyl9*_ga*MTg5MDc0MzkyNi4xNzc4NjYwMzg2*_ga_PKZEC02YMQ*czE3Nzg2NjAzODYkbzEkZzAkdDE3Nzg2NjAzODYkajYwJGwwJGgw
PROGRAMA
Luns, 6 xullo
16:00-21:00 h
Inauguración.
Modelo de negocio, estratexia e posicionamento competitivo.
Paloma Vázquez Fernández. Xefa da Área Provincial de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo.
Verónica Ramallal Trevín. CEO da axencia de marketing dixital Pekecha.
Martes, 7 xullo
16:00-21:00 h
Promoción e comercialización de destinos e produtos turísticos.
Tania Hermida Varela. Axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense.
Eva Sánchez Amboage. Profesora do departamento de Empresa da UDC e experta en promoción de destinos turísticos.
Mércores, 8 xullo
16:00-21:00 h
Avaliación financeira.
Diego García Pérez. Profesor asociado da UDC e empregado de institución financeira como analista de riscos, especialidade sector turístico e agroalimentario.
Francisco Lago García. Asesor de emprendemento.
Xoves, 9 xullo
16:00-21:00 h
Fiscalidade do emprendemento.
José Manuel Barreiro Viñán. Profesor do departamento de Economía da UDC e socio da consultora BV Asesores.
Lorenzo Cornide García. Asesor Fiscal de BFL Consulting Empresarial.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



