Lugo, 16 de xuño, 2026. A Casa da Cultura de Burela acollerá a exposición Os Maragatos da Porta de San Pedro, organizada polo Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro. A mostra, que xa percorreu diversas cidades e vilas de Galicia, León e Salamanca, poderá visitarse en Burela do 17 de xuño ao 1 de xullo, e será inaugurada o día 17 ás 13:00 horas.
A exposición está composta por doce paneis en galego e castelán que ofrecen un percorrido pola historia da familia Pérez-Carro, asentada en Lugo desde 1880, e polo seu destacado papel comercial e social na cidade ao longo de 145 anos. Os contidos da mostra recóllense tamén nun catálogo gratuíto que se entregará ás persoas visitantes.
Os Maragatos da Porta de San Pedro
Cara a 1880, a primeira xeración dos coñecidos Maragatos da Porta de San Pedro —o matrimonio formado por Tomás Pérez Carro e Vicenta García Carro, procedentes de Santa Colomba de Somoza, no corazón da Maragatería leonesa— asentouse fronte á antiga Porta Toledana da Muralla de Lugo, hoxe Porta de San Pedro. Alí iniciaron unha intensa actividade comercial que marcaría a vida económica da cidade.
O 19 de abril de 2021 cumpríronse 40 anos do falecemento de Tomás Pérez-Carro García (Lugo, 1895), cabeza da segunda xeración da familia.
Un proxecto para recuperar a memoria familiar
Con este aniversario como punto de partida, a terceira xeración puxo en marcha un proxecto de investigación sobre a historia familiar, a súa orixe maragata e o asentamento en Lugo, así como sobre a súa traxectoria ao servizo do comercio local. Esta tradición continúa hoxe a través do histórico establecemento da rúa San Pedro, rexido por María del Carmen Pérez-Carro García, a máis nova dos membros da terceira xeración.
Un pouco de historia
A primeira xeración asentouse inicialmente fóra da muralla, fronte á Porta de San Pedro, para poder comerciar sen pagar os fielatos, un dos cales estaba situado precisamente nesa entrada. Crese que Tomás Pérez Carro chegou a Lugo en 1880 e que, tras afianzarse, regresou a Santa Colomba de Somoza para casar en 1883 con Vicenta García Carro, que posteriormente se trasladou con el á cidade.
A segunda xeración estivo formada polos seus tres fillos:
Carmen Pérez-Carro García, casada con Tomás Carro en 1913, falecida en 1944 sen descendencia.
María Dolores Pérez-Carro García, falecida en 1911.
Tomás Pérez-Carro García (1895–1981), casado en 1932 con María Dolores García Crespo (1905), de familia maragata residente na Coruña.
Da unión de Tomás e María Dolores naceron seis fillos, que conforman a terceira xeración: Tomás (1933–1939), María Dolores (1934–1992), José (1936–2016), Andrés (1936), Vicente (1938–2020) e María del Carmen (1942).
Cada un deles desenvolveu traxectorias profesionais destacadas nos ámbitos económico, sanitario, xurídico ou empresarial, mantendo sempre o vínculo coa tradición familiar.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



