A xornada final deste proxecto impulsado por CLUN, CLAS, Capsa Food, Agaca e Medrar Innovation Office reuniu a gandeiros, técnicos e axentes de innovación para compartir resultados e presentar a Guía Branca de boas prácticas
Ribadeo, 16 de xuño de 2026. O proxecto Laktis celebrou hoxe en Ribadeo a súa xornada final baixo o título “Menos huella, más futuro: sostenibilidad práctica para el sector lácteo”, un encontro concibido como demo day que reuniu no CFEA Pedro Murias un cento de asistentes, entre gandeiros, técnicos de cooperativas, industrias, administración, centros de coñecemento, empresas provedoras de solucións e axentes de innovación.
A cita puxo o foco na pegada de carbono, a descarbonización e a sustentabilidade real en granxa, co obxectivo de compartir aprendizaxes, presentar resultados e avanzar en recomendacións útiles para o sector lácteo, tras as diferentes xornadas técnicas celebradas en Galicia e Asturias ao longo do proxecto.
Laktis iniciou o seu calendario de actividades co obxectivo de acelerar a transición cara a unha gandería láctea máis sustentable, baixa en carbono e aliñada cos retos da Política Agraria Común. Durante o seu desenvolvemento, o proxecto traballou directamente con ganderías galegas e asturianas para validar ferramentas de medición da pegada de carbono, identificar casos piloto, promover estratexias de mitigación de emisións e elaborar unha Guía Branca de boas prácticas orientada a facilitar a toma de decisións no sector.
Unha guía para converter a sustentabilidade en decisións de granxa
Un dos momentos centrais do encontro foi a presentación da Guía Branca Laktis, un dos principais resultados do proxecto. Victoria Carballeira, sustainability project manager en Medrar Innovation Office, expuxo as mensaxes clave do documento, elaborado a partir do traballo realizado nos últimos meses e coas ganderías e o medio rural como eixo central das recomendacións.
O proxecto LAKTIS Innovación y transferencia de konocimiento en sostenibilidad para el sector agroganadero lácteo foi beneficiario dunha axuda para o intercambio de coñecementos e actividades de formación e información de ámbito supraautonómico, destinadas ao sector agroalimentario e forestal, no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027; cofinanciadas ao 43% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural FEADER e ao 57% polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. O montante total da axuda ascende a 325.522,20 €.
A apertura institucional contou coa participación de Manuel Valín, director do CFEA Pedro Murias; Diego Canga, director xeral adxunto en funcións da DG AGRI da Comisión Europea; e Juan José Cerviño, da Dirección Xeral da PAC da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.
O programa incluíu unha ponencia científica a cargo de David Yáñez, profesor de investigación do CSIC, quen abordou a cuestión “De la huella de carbono a la decisión en granja: qué dice la ciencia”. A continuación, Kilean Watson, director xeral de Arla Foods España, ofreceu unha ponencia maxistral aplicada baixo o título “Sostenibilidad que se paga: cómo una cooperativa europea está impulsando el cambio en las granjas”.
Ademais das ponencias, a xornada combinou espazos de debate, networking, estands, dinámicas participativas e unha visita técnica.
Como acelerar a transición real do sector
A primeira mesa redonda, moderada por Carlos Ares, director xerente de Agaca, levou por título “Ganaderías que inspiran: sostenibilidad con los pies en la tierra” e permitiu coñecer experiencias vinculadas á aplicación práctica de medidas sustentables nas explotacións grazas á participación de Pablo Senande e Cristina Lago, alumnos do Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa; Pelayo Méndez, de Ganadería El Dios (Miudes, Asturias); e Tino Díaz, de Casa de Polo SC (Barreiros, Lugo).
A segunda mesa, moderada por Nuria M. Arribas, directora xerente da Inlac, abordou o papel das cooperativas e da industria como palancas de transición cara a un sector lácteo máis sustentable. Nela participaron Ángel Miranda, director da División Agroganadera en Clun; Higinio Mougán, adxunto á Presidencia e Consello Reitor de Agaca; e Estefanía Iglesias, directora de Sustentabilidade do Grupo Central Lechera Asturiana.
No terceiro debate, “Del proyecto a la red: cómo dejar capacidad instalada en el territorio”, participaron Carmen Muíños, xefa de Sección Técnica na Subdirección Xeral de Innovación e Dixitalización do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación; Mariana B. Tocha, Country Lead Spain & Portugal de Root Global; e Mario Rouco, xerente de Desenvolvemento de Negocio de Innogando. Coa moderación de Hugo Criado, CEO de Medrar, centráronse en trasladar os aprendizaxes do proxecto a estruturas estables que permitan seguir acompañando ao sector máis alá de Laktis.
O proxecto LAKTIS Innovación y transferencia de konocimiento en sostenibilidad para el sector agroganadero lácteo foi beneficiario dunha axuda para o intercambio de coñecementos e actividades de formación e información de ámbito supraautonómico, destinadas ao sector agroalimentario e forestal, no marco do PEPAC 2023-2027; cofinanciadas ao 43% polo FEADER e ao 57% polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. O montante total da axuda ascende a 325.522,20 €.
Pola tarde, desenvolveuse unha dinámica participativa centrada no deseño do plan de sustentabilidade dunha granxa real. Baixo a pregunta “¿En qué invertirías?”, participaron empresas e entidades como Innogando, Pentabiol, Entomo, AINIA, CLock Inc, Bioprana e Agricarbon, que presentaron solucións vinculadas á innovación, á eficiencia, á medición e á redución de emisións. Os asistentes, mediante votación en sala a través de código QR, seleccionaron as medidas máis urxentes ou importantes de cara aos próximos doce meses.
A xornada rematou cunha visita técnica ao Centro de Alimentación de Gando Vacún (CAVI) de CLUN e á gandería Villameitide, socia da cooperativa.
Desde a organización destacaron que o encontro permitiu reforzar un dos principais enfoques de Laktis: levar a transferencia de coñecemento ao territorio gandeiro e achegar ciencia, innovación, solucións, cooperativas, industria e administración á realidade diaria das explotacións. Neste sentido, a xornada situou o gandeiro no centro do proceso, non só como destinatario de recomendacións, senón como protagonista na construción de solucións útiles e aplicables.
O proxecto Laktis está promovido por un consorcio multiactor que agrupa diferentes elos da cadea de valor do sector lácteo, entre eles CLUN, CLAS, Capsa Food, Agaca e Medrar Innovation Office, xunto con empresas e entidades especializadas en innovación, sustentabilidade e tecnoloxía aplicada ao sector agro-gandeiro.
Coa celebración desta xornada final en Ribadeo, Laktis pechou o seu calendario de actividades consolidando un espazo de diálogo e transferencia entre os distintos axentes da cadea, orientado a contribuír a un sector lácteo máis competitivo, conectado co territorio e preparado para os novos retos ambientais e económicos.



























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



