O PSdeG advirte que “o maior mérito de Ameijide é copiar o modelo indecente, clientelar e okuPPa da súa xefa provincial, Elena Candia, a base de mentiras, acusacións infundadas e medias verdades, convencido de que así chegará tamén a ocupar algún día algún sillón”
Lugo, 18 de xuño de 2026. O PSdeG da provincia de Lugo acusou con dureza ao portavoz do Partido Popular na Deputación, Antonio Ameijide, de “mentir deliberadamente” e de “manipular información para construír unha campaña de intoxicación contra o goberno da Deputación Provincial de Lugo e a súa Presidenta, Carmela López”.
Dende o PSdeG lembran que é “rotundamente falso” afirmar, como está facendo o Partido Popular, que a Deputación de Lugo teña decidido pagar a defensa xurídica de ningún cargo público. “Non hai ningún acordo adoptado e non hai ningún acto administrativo que implique o uso de fondos públicos para este fin. Ameijide sábeo perfectamente pero minte con descaro na liña dos seus dirixentes actuais, sabendo que a mentira e as falsas acusacións non teñen ningún coste político para o seu partido”, sinalan.
As e os socialistas subliñan que a Deputación xa explicou con absoluta claridade que conta cunha póliza de responsabilidade civil para autoridades e persoal da Administración Xeral -un instrumento habitual nas administracións públicas- e que calquera cobertura estaría sometida a condicións claras e taxativas.
“O que está facendo Ameijide é especialmente grave: omite deliberadamente información esencial e pretende trasladar á cidadanía a idea falsa de que a Deputación está sufragando a defensa dun investigado con diñeiro público. Iso é rotundamente falso. Non é unha interpretación, non é unha discrepancia política: é unha falsidade”, afirman dende o PSdeG provincial.
A formación socialista advirte que “o maior mérito de Ameijide é copiar o modelo indecente, clientelar e okuPPa da súa xefa provincial, Elena Candia, a base de mentiras, acusacións infundadas e medias verdades, convencido de que así chegará tamén a ocupar algún día algún sillón”. “O Partido Popular de Candia está convencido de que para triunfar como políticos teñen que ser malas persoas e practicar a política do medo e a mentira. A mentira ten as patas moi curtas e as malas persoas sempre acaban mal, incluso entre os seus. Pronto daranse conta delo”, censuran.
O PSdeG acusa ao portavoz popular de actuar con “mala fe política” e de “converter a mentira nun método de oposición”. “Imos dicirlle a este aprendiz de okuPPa que minte máis que fala e fala máis que sabe, e que para ser político -mesmo de dereitas- non hai que ser mala persoa nin manipular, insinuar ou embarrar. As malas persoas enseguida se recoñecen e nunca acaban ben. O tempo será testemuña para el e para a súa xefa”, sentencian.
A formación socialista defende o PSdeG da Deputación de Lugo seguirá actuando con rigor, transparencia e respecto absoluto á legalidade, fronte a un Partido Popular que “opta por incendiar o debate público con mentiras”. “O debate político é lexítimo, pero non pode sustentarse en deformar os feitos nin en difundir mensaxes que non se corresponden coa realidade. A mentira ten as patas moi curtas e Ameijide volveu quedar retratado”, conclúen.





















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



