A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaborou un ano máis coa organización da rapa a través do programa de promoción de produtos de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto, cunha degustación de hamburguesas de carne de poldro de Pura Raza Galega na que se repartiron 800 unidades. Daniel García explicou que “con estas degustacións queremos dar a coñecer as calidades gastronómicas dos produtos de razas autóctonas e promover o seu consumo. A gandería ten que ser rendible para que se manteña no tempo e ofrecer saídas comerciais para os alimentos que producen é unha fórma de apostar por esa sostibilidade e de recoñecer o traballo que desenvolven tamén na conservación do territorio”.


























Inclúe as Noites Alternativas e Enredando no Verán. Este martes arrincan as Noites de Futbol na Praia do Torno.
Precísase unha reparación maior e un suplemento de crédito de 350.000 euros, que o Consello de Ministros aprobará a próxima semana. Coa partida concedida, a maquinaria volverá ao paseo en dúas ou tres semanas. O Concello garante que seguirá vixiando os prazos para asegurar a obra con total seguridade.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ao longo desta semana nas oficinas municipais do Concello de Trabada. O alcalde de Trabada, Rubén García, explica que “desde o Concello queremos dar a máxima difusión a esta convocatoria para que todas as persoas interesadas poidan presentar a súa solicitude e formar parte desta bolsa de emprego”. Desde o Concello animan a todas as persoas interesadas a presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido, co obxectivo de garantir a correcta cobertura deste servizo municipal durante o período vacacional.
A alcaldesa, Ana Isabel Fernández García, expresou un "orgullo muy grande" por este logro e destacou que a praia urbana "cumple rigurosamente todos los exigentes requisitos que se solicitan". A obtención da bandeira azul require garantir a calidade das augas, socorrismo, accesibilidade e educación ambiental, e o reto agora é manter estes estándares. O Concello colaborou coa Asociación Fraternidad nun proxecto de conservación da fauna local mediante a fabricación e instalación de caixas niño nas dunas de Navia e Frexulfe. Antonio, membro da entidade, explicou o proceso destas dez "casitas de pájaros" e sinalou que "Ha sido un trabajo muy laborioso pero muy gratificante...", agradecendo a colaboración municipal e a visibilidade que dá ao traballo da asociación.
Puxo en valor a importancia deste tipo de eventos para contribuír á preservación dos traballos gandeiros tradicionais. Cómpre salientar que esta festividade está recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia. Ademais, nesta ocasión, a conselleira foi nomeada Monteira Maior, unha distinción honorífica outorgada pola Comunidade de Montes de Buio e Lerín, organizadora do evento, ás persoas que colaboraron con eles ou os apoiaron. Gómez trasladou o seu agradecemento por esta mención e reafirmou o seu compromiso co sector agrogandeiro, un piar fundamental para o desenvolvemento do noso rural.



