A conselleira do Mar, Marta Villaverde, destaca que a cooperación entre países é a mellor ferramenta para protexer o futuro das comunidades costeiras ante a actividade fraudulenta
Vigo, 6 de xullo de 2026. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou hoxe no acto de apertura do Curso Internacional da FAO de Aplicación da Lexislación Pesqueira, celebrado no Porto de Vigo. Esta acción formativa coincide coa conmemoración oficial do décimo aniversario da entrada en vigor do Acordo sobre Medidas do Estado Reitor do Porto (AMERP), un fito clave na loita global para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, no declarada e no regulamentada.
Durante o encontro, no que se deu a benvida a alumnos procedentes de distintos países de América Latina, a titular de Mar salientou que a cooperación transnacional constitúe a vía idónea para frear unhas prácticas que prexudican a quen traballa con responsabilidade, ameazan a sustentabilidade dos recursos mariños e poñen en risco a supervivencia de moitas comunidades que dependen directamente do mar para vivir.
Marta Villaverde sinalou que resulta fundamental contar con profesionais ben capacitados que sexan quen de aplicar a lexislación vixente, colaborar entre as distintas administracións e garantir que as normas se cumpran de xeito eficaz e xusto. Ese é o obxectivo prioritario do curso que hoxe bota a andar: compartir coñecementos, experiencias e boas prácticas que sirvan para fortalecer a xestión sustentable da pesca a nivel internacional.
A conselleira dirixiuse de xeito especial aos participantes, que durante as vindeiras dúas semanas terán a oportunidade de aprender uns de outros, intercambiar experiencias profesionais e establecer contactos que os acompañarán en toda a súa traxectoria. “Procededes de realidades distintas, pero compartides unha mesma responsabilidade: protexer os recursos mariños e asegurar que as xeracións futuras poidan seguir beneficiándose deles”, deulles traslado.
O compromiso permanente de Galicia
A titular de Mar lembrou que para Galicia supón un orgullo acoller unha iniciativa desta relevancia, dada a relación histórica que a comunidade mantén co mar, onde a pesca, o marisqueo, a acuicultura e toda a cadea mar-industria forman parte estrutural da súa identidade e da súa economía. “Sabemos que o futuro do sector depende de atopar un equilibrio entre a actividade económica, a protección dos recursos e o cumprimento das normas”, subliñou.
Por este motivo, a defensa dunha pesca sustentable e responsable é unha prioridade permanente para a Xunta de Galicia. Desde a Consellería do Mar reafirmouse o compromiso coa colaboración internacional, coa transferencia de coñecemento e co reforzo dos sistemas de control e inspección pesqueira. Un labor no que os profesionais autonómicos, incluído o servizo de Gardacostas de Galicia, traballan acotío para garantir a legalidade da actividade e compartir a súa experiencia con outros territorios e países.



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



