18 deportistas da provincia protagonizan a publicación editada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que se distribuirá en actividades deportivas organizadas e promovidas pola institución
Lugo, 2 de xullo de 2026. Esta tarde presentouse no Pazo de San Marcos a publicación “Deporte lugués en feminino”, editada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Trátase dun volume en formato axenda con fotos e textos arredor de 18 deportistas da provincia con traxectorias destacadas en diferentes modalidades.
A karateka Uxía Folgueira, a xogadora de baloncesto Noa López, a taekwondista Laura Álvarez, as nadadoras Inés e Sofía Mourenza, a xogadora de fútbol Carmen Carballada, a atleta Adi Iglesias, a xogadora de squash Olivia Mon, a triatleta Elsa Pena, as xogadoras de voleibol Clara Carreira e Olalla González, a piraguista Tania Fernández, a piloto Elena López, a ximnasta Alisa Urdaneta e as xogadoras de fútbol sala Sandra Pumares, Silvia Rubal, Verónica García e Area Loureiro protagonizan a publicación, con imaxes da fotógrafa Reyes Fernández Guizán e textos da ornalista Belén Rodríguez Arias.
O acto, conducido pola xornalista e directora do portal de deporte feminino asnosas.gal Silvia Carregal, reuniu a meirande parte das protagonistas da publicación, que repasaron experiencias e reflexións persoais arredor da súa traxectoria e, con matices e diferenzas en función das modalidades deportivas, compartiron a aspiración a vivir e sentirse profesionais do deporte, non só no relativo aos salarios senon tamén aos medios e recursos cos que adestran e compiten ou a visibilidade nos medios de comunicación.
O vicepresidente da Deputación Efrén Castro Lugo lembrou que “a participación feminina vaise incrementando progresivamente na maioría das modalidades e Lugo ten un lugar destacado no deporte estatal grazas, en boa medida, á traxectoria de equipos femininos como Emevé, Ensino, Burela FS ou Castro FSF, pero falta camiño por percorrer para unha igualdade efectiva no deporte” e sinalou a publicación como unha fórmula para “poñer o foco nas deportistas e afianzar referentes para as que veñen detrás”
A axenda, cun calendario interanual de xullo de 2026 a xullo de 2027 -coincidindo coa temporalidade de parte das temporadas deportivas, distribuirase en actividades organizadas ou promovidas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo arredor do deporte.




















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



