A alcaldesa, Ana María López, destaca que “la prioridad en estos momentos es seguir reforzando el Servicio de Ayuda en el Hogar para contribuir a solucionar la problemática que existe actualmente y garantizar que las personas usuarias reciban la atención que necesitan”
Cariño, 7 de xullo, 2026. O Concello de Cariño ampliou ata o vindeiro 13 de xullo o prazo de presentación de solicitudes para a bolsa de emprego de auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), unha medida coa que busca reforzar un servizo esencial para o municipio e contribuír a dar resposta á problemática existente na actualidade derivada da falta de persoal.
A ampliación do prazo pretende facilitar a participación do maior número posible de persoas interesadas, co obxectivo de dispoñer dunha bolsa de emprego ampla que permita atender as necesidades temporais do servizo por vacacións, permisos, incapacidades temporais, baixas por maternidade, vacantes e outras circunstancias propias do seu funcionamento. Deste xeito, o Concello busca garantir unha maior capacidade de resposta e asegurar a continuidade da atención que reciben as persoas maiores e dependentes do municipio.
Así mesmo, o Concello abriu un segundo prazo de presentación de solicitudes para o proceso selectivo destinado á contratación temporal dun operario do servizo de recollida de residuos, ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental 2026. A convocatoria, cuxo prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto durante cinco días hábiles desde o pasado luns, permitirá reforzar durante catro meses e medio as tarefas de recollida de residuos, limpeza viaria, mantemento de colectores e conservación dos espazos naturais do municipio.
A alcaldesa de Cariño, Ana María López Fernández, subliñou que “la prioridad en estos momentos es seguir reforzando el Servicio de Ayuda en el Hogar para contribuir a solucionar la problemática que existe actualmente y garantizar que las personas usuarias reciban la atención que necesitan. Disponer de una bolsa de empleo más amplia nos permitirá responder con mayor rapidez ante bajas, vacaciones o cualquier otra incidencia que afecte al servicio”.
En relación coa convocatoria do servizo de recollida de residuos, a rexedora destacou que “también seguimos trabajando para reforzar otros servicios municipales esenciales, facilitando que las personas interesadas puedan optar a este proceso de selección y contribuyendo a mantener un servicio fundamental para el día a día del municipio”.



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



