Os populares lembran que “continúa habendo facturas sen pagar, non convocaron Pleno ordinario dende fai 7 meses e, a pesar de contar con maioría, non teñen aprobados os orzamentos municipais do 2026”
Lourenzá, 8 de xullo de 2026. O Partido Popular de Lourenzá lamenta que a alcaldesa e o goberno socialista “dediquen máis esforzos a intentar botar a culpa a outros e desacreditar á oposición, nun intento por desviar a atención da verdadeira situación do Concello, que a resolver os problemas reais do Concello e dos veciños e veciñas”.
“O propio goberno recoñece un problema de falta de control na xestión ao ter que recorrer ao remanente de tesourería para pagar facturas atrasadas”. Pero, ademais, “continúa habendo facturas sen pagar a pequenas e medianas empresas locais”, suman xa 7 meses sen convocar Plenos ordinarios -motivo polo que o PP presentou queixa formal ante a Valedora do Pobo- e, a pesar de dispoñer de maioría, non teñen aprobados os orzamentos municipais do 2026.
Estes son algúns dos exemplos da falta de traballo do goberno local socialista aos que hai que engadir “outros que nada teñen que ver coa falta de secretario”: licenzas sen resolver dende o 2024 -a pesar de que numerosos expedientes contan con informes favorables doutras administracións-, contratos caducados -coma o do SAF-, a renuncia a subvencións por non tramitar correctamente os expedientes, os premios do Entroido sen entregar, a falta de reposición dos cristais da pista municipal de pádel ou sancións administrativas -como as do Punto Limpo por non atender as advertencias- que pagan todos os veciños e veciñas.
Outras situacións que afectan directamente aos laurentinos e “non poden explicarse exclusivamente pola falta dun funcionario” son a existencia dun elemento perigoso na Praza Echevarría que segue sen retirarse a pesar de que provocou a caída dunha viandante que tivo que ser indemnizada. Ou as indemnizacións a usuarios da estrada municipal que vai dende Vilanova a San Xusto polo seu deficiente estado de conservación. Ou a obriga, por sentenza firme, de readmitir a unha traballadora do servizo de turismo.
Os concelleiros do PP “levamos tempo denunciando o abuso da contratación verbal” ante o que reclaman “maior seguridade xurídica” e “transparencia”. Precisamente de “falta de transparencia” é do que presume o goberno municipal, pero “non deu ningún tipo de explicación sobre os asuntos tratados no Pleno extraordinario antes de que informara o Partido Popular, senón despois”.
Os representantes do Partido Popular de Lourenzá continuarán a facer o seu traballo “fiscalizando a acción do goberno e defendendo os intereses dos veciños”. Para iso, “revisamos a documentación oficial, analizamos as intervencións dos plenos e escoitamos as preocupacións dos veciños poñéndoas de manifesto para que darlles solución”. Nese sentido, aseguran que “non somos nós os responsables da mala imaxe do Concello de Lourenzá, senón o propio equipo de goberno”, conclúen.






















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



