Ribadeo, 8 de xullo de 2026. As obras da rúa Buenos Aires, nas que a Xunta inviste 450.000 euros, marchan a bo ritmo. Así o asegurou este mediodía o alcalde, Dani Vega.
O rexedor dixo que “avanzan a bo ritmo as obras na rúa Buenos Aires, a inversión é 100 % da Xunta, son 450.000 euros, e estamos actuando en toda a rúa, non só naquelo que se ve como pode ser a renovación do pavimento, novo formigón, tamén nas beirarrúas, nova iluminación, novas árbores, novo equipamento… En definitiva, en todo o que se ve evidentemente hai una renovación, hai unha inversión, pero naquelo que non se ve, que é o máis importante, por certo iso é o que máis orzamento leva, que é novo abastecemento de augas e o novo saneamento”.
Vega declarou que “iso xa practicamente nin existía. Polo tanto, parece razoable que cando se fan as obras se arranxe aquilo que se visualiza perfectamente, pero no que está debaixo da terra tamén se actúe para levar as cousas dentro da planificación das inversións, en saneamento, en abastecemento e tamén na renovación das rúas”.
A alcalde insistiu en que “a moi bo ritmo marchan as obras. Recordar que é un orzamento que é 100% da Xunta de Galicia, 450.000 euros e así vamos seguir renovando rúas de Ribadeo fundamentais, rúas que estaban moi deterioradas e necesitábase esa renovación. Con esta planificación e con esta xestión é como Ribadeo avanza”.




















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



