Cervo, 8 de xullo do 2026. O Concello de Cervo acolle esta semana o Campus de Baloncesto DROCER, que se está a celebrar no Pavillón da Veiga, coa colaboración do Club Deportivo San Ciprián, dirixido a nenos e nenas nacidos entre os anos 2015 e 2018, que están a desfrutar dun completo programa de adestramentos e actividades deportivas.
Na xornada de hoxe, a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caraméns, visitou o campus para saudar ao alumnado participante e ao adestrador responsable, David M.P., interesándose polo desenvolvemento das sesións e compartindo uns momentos cos rapaces e rapazas.
A rexedora puxo en valor este tipo de iniciativas, que “ofrecen aos máis pequenos a oportunidade de seguir practicando deporte durante o verán, aprendendo valores tan importantes como o esforzo, o compañeirismo, o respecto e o traballo en equipo, ao tempo que adquiren hábitos de vida saudables”.
A alcaldesa tamén quixo agradecer “o traballo e a implicación do equipo organizador e do adestrador, que fan posible unha actividade de gran calidade, na que os nenos e nenas aprenden, melloran e, sobre todo, desfrutan do baloncesto nun ambiente educativo e divertido”.
A rexedora puido constatar a gran actitude e as ganas de aprender que está demostrando todo o grupo, agardando que leven unha experiencia positiva, fagan amizades e sigan colléndolle gusto ao baloncesto”.
Desde o Concello de Cervo reafírmanse no compromiso de continuar apoiando actividades deportivas dirixidas á infancia e á mocidade, contribuíndo a promover un ocio saudable e activo durante o período estival.




















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.


