Abastecemento de auga a núcleos rurais, adquisición dun vehículo motobomba, eliminación de barreiras arquitectónicas, mantemento e mellora de instalacions deportivas e apoio económico e loxístico ao tecido asociativo son as principais demandas
Lourenzá, 8 de xullo, 2026. O Grupo Municipal do BNG de Lourenzá vén de facer públicas as súas propostas para os próximos orzamentos municipais. A formación nacionalista considera que as contas do Concello deben ser o principal instrumento para dar resposta ás necesidades reais da veciñanza, das parroquias e do conxunto de colectivos laurentinos.
Priorizar investimentos que melloren a calidade de vida
A edil do BNG, Belén Fanego, subliña que “a elaboración duns orzamentos responsables exixe priorizar aquelas inversións que teñan un impacto directo na calidade de vida dos veciños e veciñas e que contribúan a mellorar os servizos públicos municipais”. Engade que o obxectivo do BNG é impulsar un modelo de municipio baseado na igualdade de oportunidades, a seguridade, a accesibilidade, a participación cidadá e o fortalecemento do tecido asociativo.
Adquisición dun vehículo motobomba
Entre as propostas, o BNG considera imprescindible incluír unha partida destinada á adquisición dun vehículo motobomba. Trátase dunha inversión estratéxica que reforzaría a capacidade de resposta do Concello ante incendios e outras emerxencias, dotando ao municipio de mellores medios para protexer ás persoas e ao seu patrimonio.
Abastecemento de auga para núcleos rurais
Outra das prioridades é garantir o abastecemento de auga aos núcleos rurais que aínda carecen de conexión á rede pública municipal. O BNG lembra que esta é unha demanda veciñal recorrente, xa presentada en pleno en varias ocasións.
Accesibilidade nos edificios municipais
A formación nacionalista reclama tamén avanzar na eliminación das barreiras arquitectónicas existentes nos edificios municipais. “A accesibilidade universal non pode seguir sendo unha materia pendente. Todas as persoas teñen dereito a acceder aos servizos públicos en condicións de igualdade”, sinalan, instando ao Concello a planificar e executar actuacións que adapten progresivamente as instalacións.
Mellora das instalacións deportivas
Fanego defende incrementar a dotación económica destinada á área de Deportes, co fin de mellorar o mantemento das instalacións, apoiar ás entidades e clubs locais e fomentar a práctica deportiva entre a poboación de todas as idades.
Apoio ao tecido asociativo e simplificación das subvencións
O BNG destaca o papel fundamental das asociacións culturais, deportivas, veciñais e sociais na dinamización da vida municipal. Porén, denuncian que estas entidades se atopan con dificultades administrativas e atrasos no cobro das subvencións, o que as obriga a adiantar recursos propios. Por iso, propoñen aumentar a partida destinada ás axudas e simplificar os procedementos, axilizando a resolución e o pago das subvencións.
Moción no vindeiro pleno
Para o BNG, estas accións responden a demandas amplamente compartidas pola cidadanía e representan investimentos útiles, necesarias e asumibles dentro dunha planificación orzamentaria responsable. Por este motivo, presentarán unha moción no vindeiro pleno na que se recollen todas estas propostas.






















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



