Ribadeo, 13 de xullo, 2026. UCIN Ribadeo denuncia que, varias semanas despois da celebración da Heroican Race a finais de xuño, continúan aparecendo numerosos neumáticos utilizados durante a proba en diferentes zonas do municipio, sen que o Concello procedese á súa retirada nin esixise á organización do evento o cumprimento desta obriga.
A formación considera que esta situación transmite unha imaxe de abandono e supón unha falta de respecto cara ao medio ambiente e aos espazos públicos.
UCIN lembra que os neumáticos fóra de uso son un residuo regulado pola lexislación vixente e non poden permanecer abandonados en zonas verdes, montes ou espazos públicos sen a correspondente xestión autorizada. A Lei 7/2022, de residuos e solos contaminados para unha economía circular, prohibe o abandono e a xestión incontrolada de residuos, establecendo sancións de ata 100.000 euros para infraccións graves, e penalizacións superiores cando exista deterioro ambiental grave ou se trate de residuos perigosos. Ademais, a normativa atribúe ás administracións locais competencias de vixilancia e actuación nesta materia.
UCIN Ribadeo entende que, independentemente de quen sexa o responsable directo da retirada, corresponde ao Concello garantir o cumprimento da normativa ambiental e asegurar que, unha vez finalizado calquera evento deportivo ou recreativo, todos os elementos utilizados sexan retirados nun prazo razoable.
“Resulta incomprensible que, semanas despois de rematar a proba, os pneumáticos continúen ocupando espazos públicos sen que se actuase. O que se lle esixe a calquera veciño tamén debe esixirse a calquera organización que celebre actividades no municipio”, sinalan desde a formación.
Por iso, UCIN Ribadeo solicita:
– A retirada inmediata de todos os neumáticos aínda existentes.
– Que o Concello informe publicamente de quen era o responsable da súa recollida segundo as autorizacións concedidas para a celebración da proba.
– Que se revisen os protocolos de autorización de eventos para garantir que estas situacións non se repitan.
UCIN Ribadeo defende que a protección do medio ambiente debe aplicarse con rigor e sen excepcións, e lembra que o cumprimento da normativa ambiental é unha obriga tanto das administracións públicas como das entidades organizadoras de actividades en espazos públicos.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



