“Este proxecto encaixa á perfección na nosa maneira de entender a cultura: unha cultura que contribúe a que a provincia de Lugo sexa cada vez máis recoñecida pola súa capacidade de ofrecer experiencias únicas”, avanzou Cajoto Caserío
Lugo, 14 de xullo de 2026. O Deputado de Recursos Sostibles e Alcalde de Foz, Francisco Cajoto Caserío, participou este martes no edificio CENIMA na presentación da décimo terceira edición do Festival Bal y Gay, unha das citas de música clásica máis destacadas de España, que se celebrará entre o 5 e o 21 de agosto con 14 concertos en espazos singulares da Mariña e un evento extraordinario en Lugo. A Deputación de Lugo apoia o festival cun patrocinio de 12.000€.
A Xunta de Galicia tamén impulsa un ano máis esta iniciativa cultural a través dun convenio coa Fundación Xesús Bal y Gay. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, destacou durante a presentación o “extraordinario nivel” dun festival que “atrae talento á provincia, descentraliza a cultura e crea novos públicos pola súa capacidade para emocionar”. Villares felicitou ao presidente da Fundación, Enrique Rodríguez Baixeras, e á directora do festival, Alba Rodríguez, polo “magnífico traballo e a planificación rigorosa, froito dunha enorme ilusión e dunha aposta decidida pola calidade”.
Francisco Cajoto subliñou o significado especial de presentar unha nova edición en Foz, lembrando que o festival “xerminou en Nois e hoxe é unha referencia da música clásica en España”. Destacou o “prestixio internacional” dunha programación que leva a excelencia a escenarios únicos da Mariña e que contribúe a que miles de persoas escollan esta comarca cada verán tamén pola cultura. “O Bal y Gay leva o nome da nosa terra por todo o país”, afirmou, enmarcando a colaboración da Deputación na súa aposta por unha cultura que “fai da provincia de Lugo un destino recoñecido pola súa capacidade de ofrecer experiencias únicas”.
O festival mantén como eixo central os espazos patrimoniais da Mariña, pero por primeira vez programará un concerto na capital da provincia: o do prestixioso pianista Grigory Sokolov, que regresará a Galicia tras dúas décadas o 9 de agosto no Auditorio Fuxan os Ventos.
Programación destacada
O Festival Bal y Gay abrirase o 5 de agosto coa agrupación vocal Vox Luminis na Catedral de Mondoñedo, que tamén acollerá o 19 de agosto á Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias. A basílica de San Martiño de Foz será escenario das actuacións de Antoine Tamestit (día 8) e Samuel Hasselhorn (día 21). No mosteiro de San Salvador de Lourenzá actuará Auxiliadora Toledano (día 7), e no Auditorio Hernán Naval de Ribadeo, Yulianna Avdeeva (día 17).
A programación inclúe tamén concertos en Alfoz, Burela, Cervo, Viveiro e Foz, con artistas como Moisés Sánchez, Ana María Valderrama, Alexandra Preucil, a Real Filharmonía de Galicia, A Ritirata ou KamBrass, entre outros.
A programación completa e a venda de entradas están dispoñibles en festivalbalygay.com.
As persoas interesadas en asistir a algunha destas actuacións poden adquirir as súas entradas en https://festivalbalygay.com/.
























A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. 



