Mondoñedo, 23 de xullo, 2026. Mondoñedo acollerá esta fin de semana a Feira de Artesanía de Os Muíños, que chega cun amplo programa de demostracións en vivo, teatro, música e o pregón do escritor e divulgador cultural Pablo Ortiz de Zárate. A cita celebrarase o sábado 25 e o domingo 26 de xullo no barrio de Os Muíños, coincidindo coas festas patronais en honra a Santiago, xunto ao histórico ponte do Pasatempo.
Organizada pola Asociación Profesional de Artesáns dos Muíños de Mondoñedo, a feira conta co apoio do Concello de Mondoñedo, a Xunta de Galicia, a Taberna O Valeco e o Palacio Santa Emilia. Ao longo do fin de semana, o público poderá visitar máis de 25 obradoiros de diferentes oficios e gozar de demostracións continuas de alfarería tradicional, Kintsugi, torneado de madeira, marroquinería, cartón pedra, hilado en rueca, reciclaxe téxtil, serigrafía, cerámica, elaboración de velas, ganchillo, amigurumis e instrumentos de percusión.
A inauguración oficial será o sábado ás 12:00 horas, co pregón de Pablo Ortiz de Zárate, autor de El Artesano, quen tamén asinará exemplares no Xardín do Alfar. A mañá incluirá ademais a presentación do libro A faba e nós, de Alberto Serantes, na caseta da Biblioteca Maravilhas.
Un dos momentos especiais da feira será o taller de Kintsugi impartido por Maica Juncal (Artesanía do Pasatempo), no que o propio pregonero participará como alumno. A programación complétase cos pases de teatro e títeres de Micromina Teatro, actuacións musicais durante todo o fin de semana e percusión a cargo de Mapatho no Xardín do Alfar. O domingo continuarán as demostracións e novos pases teatrais.
De forma complementaria, o Palacio Santa Emilia celebrará a Noche de Santiago cun recital de gran piano a cargo de Pedro López Salas, que interpretará obras de Soler, Chopin, Haydn, Liszt e Granados no Salón dos Pilares. O pregonero será convidado especial na velada, na que tamén compartirá unhas palabras sobre o seu libro.



























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.


