Ribadeo, 28 de xullo de 2026. A xira de Santa Cruz terá lugar os días 1 e 2 de agosto. Os pregoeiros da edición de 2026 serán Pablo Díaz e Olga Kirk. Esta festa de interese turístico de Galicia foi presentada a carón do monumento ao gaiteiro.
A presidenta da asociación Amigos da Gaita, organizadora do evento, Noelia Barrera, dixo que “para a xente de Ribadeo e a nosa asociación representa un gran punto de encontro do verán para honrar á música tradicional e á figura do gaiteiro”. E subliñou que “a xira de Santa Cruz nos últimos anos recuperou o seu espírito orixinal, un encontro de moitas familias, un ratiño de convivencia, de honrar á música tradicional e á nosa cultura”.
Noelia Barrera detallou o programa: “o festexo comeza o sábado co pregón no Parque San Francisco. Contamos como pregoeiros cunha parella de luxo que son Pablo Díaz e Olga Kirk. Son os referentes da música tradicional, da investigación e a salvagarda da nosa identidade cultural. Como compiladores de música de baile tradicional o seu camiño tamén os achegou ata A Mariña, por iso creemos que son uns pregoeiros de luxo. A continuación terá lugar a actuación das escolas e ao rematar para continuar a festa estará a Charanga Tres Pés amenizando as diferentes rúas de Ribadeo. Logo o día grande, que é o domingo, comezará con pasarrúas ás 11:30 da mañá a cargo dos cuartetos Illa Pancha, Fol do Raxal e Axeigo polas distintas zonas da vila. Ás 12 haberá unha mostra das escolas no Cantón dos Moreno. E unha vez rematadas as actuacións chega o momento de subir ao Monte de Santa Cruz, no que como todos os anos, as familias e os grupos de amigos se reúnen para xantar. No medio da tarde farase a ofrenda floral ao gaiteiro e poderase seguir a festa cos concertos de Tumba e Dalle, Axeigo e Alana. Este ano tamén contamos coa colaboración da Comisión de Festas de Ribadeo, que poñen unha barra e música para seguir a festa”.
E engadiu: “desde a asociación de Amigos da Gaita animamos a todas as familias e grupos de amigos a subir á xira a pasar un dia estupendo rodeados de bo ambiente e apostando pola nosa cultura”.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, lembrou que esta romaría se ven celebrando desde o ano 1965, animou a participar nesta cita e agradeceu o apoio económico da Xunta de Galicia “para que poidamos celebrala como se merece. Mestúranse nela convivencia, comida, boa conversación e a mellor música galega á sombra do monumento ao gaiteiro, que representa a todas e todos os que loitamos por preservar a música tradicional. Agardamos que a veciñanza ribadense suba e goce desta festa. Vémonos en Santa Cruz”.
Na presentación da xira de Santa Cruz participaron representantes da asociación Amigos da Gaita acompañados polo alcalde, Dani Vega, e as concelleiras de Cultura e Turismo, Begoña Sanjurjo e Marta Saiz.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



