Propoñen a creación dun Consello Asesor con sectores económicos, sociais e veciñais para avaliar unha futura Ordenanza Municipal que regule as VUT
Ribadeo, 28 de xullo, 2026. O Grupo Municipal do BNG presentou unha moción para o seu debate no vindeiro Pleno na que insta ao goberno local a elaborar, no prazo máximo de seis meses, un Estudo Diagnóstico sobre a Situación da Vivenda e un rexistro das Vivendas de Uso Turístico (VUT) en Ribadeo.
A formación nacionalista alerta de que a dificultade para acceder a un alugueiro residencial de longa duración e a prezos asumibles se converteu nun dos principais problemas sociais e económicos do municipio. Esta situación afecta á emancipación da mocidade, á fixación de poboación e á chegada de profesionais dos servizos públicos e do sector privado.
Segundo datos do IGE, as prazas en Vivendas de Uso Turístico en Ribadeo pasaron de 221 en 2018 a 1.449 en 2025, multiplicando por seis a súa presenza en pouco máis de seis anos. Na actualidade, as VUT representan xa case a metade da oferta total de aloxamento do concello.
O portavoz municipal, Martín Graña, recoñece que o turismo é un motor económico esencial para o comercio e a hostalaría, pero advirte de que “a proliferación sen orde nin planificación deste modelo corre o risco de expulsar á veciñanza do seu propio concello e tensionar o mercado residencial tradicional, especialmente no centro urbano”.
A moción do BNG propón que o Concello actúe “con rigor, seguridade xurídica e datos obxectivos”, evitando “medidas a cegas ou demagóxicas”. O estudo deberá analizar a evolución dos prezos do alugueiro, o volume de vivenda baleira, a capacidade de carga residencial por zonas, o perfil dos titulares das VUT (pequenos propietarios fronte a grandes explotadores) e a relación entre VUT e aloxamento hoteleiro tradicional.
Unha vez completado o diagnóstico, o BNG propón crear un Consello Asesor que inclúa sectores económicos, sociais e veciñais para avaliar as conclusións e determinar se é necesaria unha Ordenanza Municipal reguladora.
Graña conclúe que “gobernar é afrontar os problemas. O Concello non pode poñerse de perfil mentres os mozos e as familias de Ribadeo teñen que marchar porque non atopan un piso para vivir. As políticas de vivenda deben ser unha prioridade. Ribadeo precisa planificación e equilibrio para protexer o seu tecido social e garantir un modelo turístico sostible”.



























Arxentina de nacemento e viveirense de corazón, retomou en Galicia a súa vocación artística e atopou na escultura a súa forma de expresión. A súa obra céntrase en figuras humanas cargadas de emoción, en soidade ou en relación cos outros. A exposición reúne pezas seleccionadas e premiadas en certames de Madrid, Barcelona, Valdepeñas e Florencia nos últimos oito anos, que agora regresan —como a súa autora— á casa. Poderá visitarse ata o 29 de agosto.
Villares gabou o traballo do club Val de Francos, “que en tempo récord logrou situar esta cita entre as máis atractivas da provincia para os afeccionados á hípica”. Neste sentido, destacou a proxección que está a gañar este deporte e o impulso que recibe da Xunta, principalmente a través dun convenio coa Federación Hípica Galega polo que destina máis de 80.000 euros para as actividades a desenvolver este ano. A proba discorrerá por camiños forestais de terra, a excepción dos cruces de estradas, e constará de tres modalidades, con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros respectivamente.
A clasificación final quedou do seguinte xeito: en Sub-10, Los 5 FC proclamáronse campións, seguidos de Los Balones; en Sub-12, o primeiro posto foi para Aston Birra, seguido de Minavo de Kiev e The Blues Bananas; en Sub-15, o equipo Piti levou o título, seguido de PDC e Camoca; en Sub-17, PDC acadou o primeiro posto, por diante de Papa Cu Leti e Motototo; e na categoría Sénior, Motototo resultou gañador, seguido de Descansa e Texeira Lima. As medallas foron entregadas pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros José Manuel Balseiro e Alfredo Fernández, que felicitaron a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.
As reservas poderán realizarse por teléfono, chamando ao 982 560 162, ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.gal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá solicitar un máximo de catro entradas. Desde o Concello de Viveiro anímase á veciñanza a asistir a esta representación e lembra que as reservas se atenderán a partir da apertura do prazo.
A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.

