Foz, 28 de xullo, 2026. As Xornadas de Historia de Foz continúan este mércores, 29 de xullo, ás 20:30 horas na Casa da Cultura cunha palestra do investigador focego Xosé Ramón Ermida Meilán, que abordará a loita contra o franquismo na Mariña durante as décadas de 1950 e 1960. O autor aproveitará a cita para presentar o seu último libro, A batalla pola nación. Historia da creación e da consolidación da Unión do Povo Galego (Volume I), publicado en maio de 2026 e que terá continuidade noutros dous volumes nos próximos anos.
Ermida, habitual colaborador das xornadas, leva anos investigando diversos aspectos da represión franquista en Galicia e na comarca. É autor de obras como Mortos por amor á Terra. A represión sobre o nacionalismo galego (1936-1950), Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron, Nacionalismo e guerrilla: Un capítulo da loita antifranquista na Galiza ou Luís Trigo “O Gardarríos”. Tamén publicou estudos sobre o período republicano e a represión franquista en Foz.
O fin da guerrilla
Ermida explica que a loita antifranquista experimentou un forte refluxo na Mariña e no conxunto de Galicia nos anos 50. A finais dos 40 produciuse o fin da actividade guerrilleira na comarca, simbolizado no asasinato en xuño de 1948 en Lourenzá do guerrilleiro socialista Luís Trigo “O Gardarríos” e da súa compañeira Antonia Díaz. Un ano despois, en xuño de 1949, foron asasinados en Muras os guerrilleiros comunistas Juan Gallego, Juan Pérez, Manuel Clavero, Josefa Escourido e Celia González.
A única forza política que mantivo actividade na comarca durante os anos 50 foi o Partido Comunista. A esta organización estaba ligado o mestre Adolfo Lucas Reguilón, refuxiado en Foz con identidade falsa desde 1947 e detido en 1956. Ao seu redor o PC mantivo un pequeno núcleo de militantes e simpatizantes como José García ou Emilio Rodríguez. Nos anos 60 o partido recuperaría folgos na comarca, destacando o papel do recadador de tributos de Ribadeo, Castelao.
Antón Moreda
O proceso de reorganización do nacionalismo galego nos anos 60 tivo como figura destacada ao veciño de San Miguel de Reinante Antón Moreda. Moreda, protagonista literario en obras como Retorno a Tagen Ata de Xosé Luís Méndez Ferrín, entrou en contacto co nacionalismo nos anos 50 en Bos Aires, onde foi un dos máximos responsables das Mocidades Galeguistas de Arxentina xunto ao escritor Xosé Neira Vilas. Retornado a Galicia en 1960, participou na creación do Consello da Mocidade, do que foi secretario xeral, e do que xurdiría a UPG. A esta corrente política estiveron ligados tamén o focego Luís Gonçales e o viveirense Xosé Antonio Arjona, membros do grupo Brais Pinto e cofundadores da UPG.
Ramón Couto
Ermida abordará tamén o proceso de reorganización do PSOE en Galicia a finais dos anos 60, no que xogou un papel clave o focego Ramón Couto. Tras ser contactado en 1969 polo emigrante Adolfo Paz, residente en Foz, Couto desenvolveu un papel decisivo na articulación da formación no país. Actuou como delegado do partido nos últimos anos 60 e primeiros 70, incorporando novos cadros que terían relevancia en etapas posteriores, como o tamén focego Salvador Fernández Moreda.
As Xornadas de Historia de Foz clausuraranse este 30 de xullo ás 20:30 horas na Casa da Cultura cunha palestra do doutor en Historia Xabier Buxeiro titulada A represión na Mariña: vítimas e verdugos. Buxeiro, natural de Ribadeo, presentou en 2023 a súa tese de doutoramento Golpe, Guerra e violencia na Galiza de 1936. Un estudo desde o norte da provincia de Lugo, que obtivo a cualificación de cum laude na Universidade de Santiago de Compostela.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



