Está previsto que as tarefas de difusión da información en Barreiros, Ribadeo e Trabada duren ata finais da semana próxima
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2026. Recursos de Galicia (RDG) iniciou esta mañá a comunicación persoal das bonificacións provisionais no recibo da luz para a veciñanza situada no entorno do parque eólico de Mondigo, na Mariña lucense. A difusión da información nos concellos de Barreiros, Ribadeo e Trabada prolongarase ata finais da próxima semana.
En paralelo, RDG abre un período de alegacións e corrección de documentación, dispoñible ata o 31 de agosto, para que os solicitantes poidan emendar erros ou completar datos pendentes.
Bonificacións do 80 % na luz
As persoas que viven nun radio de 1,8 km do parque eólico poden acceder a unha bonificación do 80 % no termo de enerxía da súa factura. En febreiro recibiran unha carta explicativa e púxose en marcha a web rdgmondigo.gal para tramitar as solicitudes.
Entre marzo e maio RDG habilitou atención presencial na zona. Recibíronse 471 solicitudes, das que 448 eran válidas:
229 aprobadas directamente
132 pendentes de documentación (facturas recentes, CUPS, xeolocalización…)
87 denegadas por estar fóra da área ou corresponder a empresas
Os resultados están a comunicarse entre hoxe e o 7 de agosto.
Vías de contacto
As alegacións deberán enviarse ao correo olamondigo@rdg.gal. RDG ofrece dúas liñas de apoio: Teléfono: 604 012 723 (de luns a venres, 9.00–14.00 h). Atención presencial: durante as visitas de comunicación das resolucións
Comercializadoras adheridas
O desconto será financiado por RDG Xeración e poderá aplicarse contratando con RDG Comercializadora ou con calquera empresa que se adhira ao programa. A primeira en incorporarse foi Máis Enerxía, tras un convenio asinado o 16 de xuño.
RDG prevé ampliar este modelo a outras zonas de Galicia e continúa o proceso de ampliación de capital social, que podería pecharse en decembro.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



