A Xunta de Goberno licitou por máis de 250.000€ un novo proxecto para mellorar a totalidade da vía LU-P-6305, do Valadouro; e adxudicou por preto de 450.000€ obras na LU-P-5204, de Ribadeo; e en varias vías do municipio de Foz
Lugo, 31 de xullo de 2026. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres un novo investimento para continuar mellorando a mobilidade da provincia por un importe conxunto de case 700.000€ que afecta a nove estradas da comarca mariñá. Así o informou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, tras a sesión celebrada esta mañá.
Nese sentido, García Porto destacou que no concello do Valadouro a Deputación licitou un proxecto por 256.862,35€ para mellorar a totalidade da estrada provincial LU-P-6305. Trátase da vía que conecta a LU-P-0101, á altura da Capela de Santa Filomena do Cadramón, co reemisor de RTVE desta mesma parroquia. As obras que se van realizar nesta estrada, que conta cunha lonxitude de case 6 quilómetros, consistirán na reapertura de cunetas, reparación de danos, repavimentación e renovación da sinalización vertical. O proxecto para reparar esta vía conta cun prazo de execución de 4 meses.
A Xunta de Goberno deste venres adxudicou outros dous proxectos para mellorar vías que vertebran os concellos de Ribadeo e Foz:
– En Ribadeo, a empresa Desarrollos y Metas SL será a encargada de executar as obras de reparación da LU-P-5204, que vai de Cedofeita a Regocorto por Arante. O prezo de adxudicación é de 193.963€, un investimento co que se actuará nun treito de algo máis de 3 quilómetros concretamente, o que vai dende o quilómetro 3,600 ao 6,770. As obras, que contan cun prazo de execución de 4 meses, consistirán na reapertura de cunetas, a limpeza da drenaxe, a pavimentación con aglomerado en quente e a sinalización horizontal.
– Finalmente, en Foz, a Deputación adxudicou a Ovisa Pavimentos y Obras SLU por un importe de 247.396,60€ un proxecto que inclúe varias actuacións en sete estradas provinciais da costa de Foz que conectan núcleos costeiros, zonas residenciais e accesos a praias como Llas ou Arealonga. O obxectivo é reforzar a seguridade viaria e mellorar a mobilidade nunha das zonas con maior afluencia afluencia turística da Mariña. Concretamente, as obras afectarán as vías provincias LU-P-2001, LU-P-2002, LU-P-2006, LU-P-2007, LU-P-2009, LU-P-2011 e LU-P-2013.
Os traballos consistirán na limpeza de cunetas, a pavimentación con aglomerado en quente e a sinalización horizontal. Ademais, o proxecto inclúe a ampliación da beirarrúa na rúa Eduardo Pondal, para mellorar a seguridade peonil na contorna do centro escolar.
Pilar García Porto puxo en valor a importancia destes arranxos “que permitirán mellorar unhas vías consideradas fundamentais na mobilidade deste municipio mariñán e para o acceso ás zonas turísticas do litoral focense”.
Convenio con A Fonsagrada
A Xunta de Goberno tamén deu luz verde a un acordo de colaboración co Concello da Fonsagrada por un importe de 250.000€ “co que colaboraremos en diversas actuacións dirixidas a reforzar a prestación de servizos públicos e a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas do municipio”.
“Falamos, por exemplo, da adquisición de materiais para o mantemento das vías e dos equipamentos municipais, fundamentais nun concello cunha ampla dispersión territorial e cun elevado número de núcleos de poboación. Ademais, este apoio permitirá impulsar actividades culturais, deportivas e de promoción turística. Iniciativas que contribúen a dinamizar a vida social e económica da Fonsagrada e a ofrecer máis oportunidades de lecer e participación á veciñanza” recordou.
























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



