Lourenzá, 11 de agosto de 2026. O programa Verán na Praza continúa coa súa programación cultural cunha nova proposta vinculada á historia e ao patrimonio local. Nesta ocasión, a Asociación Patrimonio Laurentino organiza a presentación do libro titulado Lope Sánchez de Moscoso, un vizconde no tempo de Enrique IV de Castela. Estudo histórico, análise e colección de documentos, do investigador e autor Manuel Canosa Trillo. A presentación terá lugar este sábado, día 15 de agosto, ás 19:30 horas no Salón de Actos do Concello de Lourenzá, e “permitirá achegar ao público unha obra que afonda na figura de Lope Sánchez de Moscoso e no contexto histórico no que desenvolveu a súa actividade, contribuíndo así a coñecer mellor a nosa historia e o noso patrimonio”, explica a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García.
Desde o Concello de Lourenzá agradecen especialmente á Asociación Patrimonio Laurentino a organización desta actividade, así como “a súa implicación e colaboración na programación do Verán na Praza, facendo posible que conte con propostas que poñen en valor a cultura, a memoria e o patrimonio de Lourenzá. Do mesmo xeito queremos recoñecer o traballo de todo o tecido asociativo do municipio, pola súa participación, compromiso e capacidade para dinamizar a vida cultural e social da nosa vila. A colaboración entre o Concello e as asociacións é fundamental para construír unha programación diversa, participativa e próxima á veciñanza”.
A presentación deste libro súmase así a un Verán na Praza que “aposta pola cultura, pola nosa historia e pola participación cidadá, ofrecendo espazos de encontro e actividades para gozar do verán en Lourenzá. Desde o Concello animamos á veciñanza a participar nesta presentación e a achegarse a coñecer unha obra que contribúe a recuperar e divulgar unha parte da nosa historia”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



