O Concello de Muras súmase aos de Taboada, Sarria, Lugo, Ribeira de Piquín e outros, que analizaron durante os últimos meses estes textos, que promoven a reflexión, a sensibilización e concienciación
Muras, 13 de agosto de 2026. A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, destacou hoxe no Concello de Muras “a necesidade de formar á sociedade en igualdade a través da lectura de textos feministas que contribúan a rematar con comportamentos sexistas e pouco igualitarios”. Así o afirmou nunha nova entrega da Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero, acompañada polo alcalde, Manuel Requeijo.
O proxecto MAVI: a Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero é unha iniciativa promovida pola Subdelegación do Goberno, que achega libros de diferentes temáticas relacionadas co feminismo, a igualdade, o empoderamento, a autoestima ou a violencia machista ás veciñas e veciños de todas as idades.
Olimpia López fixo entrega da maleta con 12 libros para o concello, salientando a boa acollida que ten este programa na provincia. Destacou, neste senso, a importancia deste recurso como ferramenta “para remover conciencias e cambiar hábitos machistas que aínda están presentes nunha sociedade que, a día de hoxe, continúa marcada por condutas sexistas e patriarcais”.
“MAVI é un proxecto máis necesario que nunca, pois, por desgraza, vemos a diario como o número de asasinatos machistas non deixa de crecer”, advertiu López, quen pediu apoio e unanimidade de todas as institucións “para seguir desenvolvendo políticas públicas destinadas a transformar a nosa sociedade nunha más igualitaria, xusta e segura para as mulleres”.
Para finalizar, a subdelegada agradeceu ao Concello de Muras a súa colaboración con esta iniciativa, “xa que, desde o Goberno, traballamos man a man cos concellos para abordar esta cuestión de Estado, creando conciencia sobre un problema que nos afecta a todas e todos”.
Con esta entrega, o Concello de Muras, súmase aos de Viveiro, Sarria, Vilalba, Meira, Trabada, Quiroga, Cervantes, Barreiros, Chantada, Monforte, Burela, Taboada, Sarria, Lugo e Ribeira de Piquín, así como aos centros penitenciarios de Bonxe e Monterroso, que analizaron estes textos que promoven a reflexión, a sensibilización e concienciación sobre temas determinantes para construír unha sociedade libre de violencias, favorecendo un pensamento crítico ante os estereotipos e roles de xénero que perpetúan estas violencias e desigualdades.
En total, son tres maletas as que están a percorrer a provincia con este material que seguirá a súa viaxe en centros de información á muller, asociacións de mulleres vítimas de violencia de xénero e servizos sociais dos municipios que soliciten a maleta.
Catálogo de libros
Entre os títulos que garda a maleta entregada en Muras están: “Insolación”, de Emilia Pardo Bazán; “Soy una niña rebelde”, de Francesca Cavallo e Elena Favili; “Desearmar la masculinidad”, de Beatriz Ranea Triviño; “La mujer del porvenir”, de Concepción Arenal; “Maternidades S.A.”, de Laura Nuño; “El bosque de los cuatro vientos”, de María Oruña; “Muejres invisibles para la medicina”, de Carme Valls Llobet; “El lunes nos querrán”, de Najat El Hachmi; “Tierra de mujeres”, de María Sánchez; “La revuelta de las putas”, de Amelia Tiganus, “La tierra de las mujeres”, de Sandra Barneda; e “El color púrpura”, de Alice Walker.


























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



