Ribadeo, 23 de agosto, 2026. Por fortuna, ningunha persoa resultou ferida nin afectada.
Segundo relataron os Bombeiros de Barreiros, a causa do lume foi unha manta eléctrica que calcinou o salón na súa totalidade quedando o resto da vivenda afectada polo fume.
Cando faltaban vinte minutos para as 00:00 horas, un particular avisaba ao 112 Galicia de ver saír fume por dúas fiestras dun piso dun edificio de seis andares situado fronte a Praza de Abastos de Ribadeo, fronte ao Hotel Bouza. Outros alertadores indicaban que as persianas da vivenda estaban queimadas.
Desde ese intre, o 112 Galicia puxo en marcha un dispositivo de intervención formado polos Bombeiros de Barreiros, Garda Civil e Policía Local. Ademais, informouse dos feitos ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por se fose precisa a súa intervención, aos Bombeiros de Viveiro, ao persoa de incendios provincial e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
Finalmente, unha vez no punto, os Bombeiros comunicaron que extinguiran un foco cun extintor, ardeu o salón da vivenda e o resto do piso resultou afectado polo fume. Unha manta eléctrica puido ser a orixe do lume.
Así mesmo, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou que ningunha persoa resultara ferida nin afectada.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



