As e os socialistas advirten de que é o terceiro ataque contra unha sede do PSOE en Galicia só neste mes de agosto, tras os rexistrados en Ferrol e Foz, e denuncian que estes feitos supoñen “un ataque á liberdade e á propia democracia”
O Vicedo, 26 de agosto de 2026. O PSdeG da provincia de Lugo condenou este mércores con absoluta rotundidade o ataque sufrido contra a súa sede no Vicedo, que apareceu esta mañá cunha pintada ofensiva no portal na que podían lerse as palabras “Putas” e “Moros”. As e os socialistas cualifican o sucedido como “un ataque á liberdade e á propia democracia” e informan de que xa presentaron a correspondente denuncia ante das forzas e corpos de seguridade.
Dende a dirección provincial socialista denuncian que se trata dunha mensaxe que “só busca sementar odio, intimidar e sinalar a quen pensa diferente”. “Non estamos ante unha simple pintada. Encontrámonos ante un novo episodio dunha escalada de odio e violencia política que resulta absolutamente intolerable nunha sociedade democrática”, advirten dende o PSdeG de Lugo.
As e os socialistas subliñan que este é xa o terceiro ataque contra unha sede do PSOE en Galicia só neste mes de agosto. O pasado 11 de agosto, a Casa do Pobo de Ferrol apareceu con pintadas de carácter racista e xenófobo e, apenas tres días despois, unha botella lanzada contra a sede socialista de Foz rompeu un dos cristais da fachada.
“Son ataques reiterados contra sedes dun partido democrático e non podemos normalizalos. A discrepancia política ten que expresarse coa palabra e dentro das regras da democracia. O insulto, o racismo, as ameazas ou os ataques contra sedes políticas non teñen cabida”, sosteñen dende a dirección provincial.
O PSdeG de Lugo advirte ademais de que estes episodios “non xorden da nada” e considera que “son o eco dun clima político no que determinados discursos da dereita e da extrema dereita levan demasiado tempo normalizando o insulto, a descualificación e a demonización do adversario”.
A dirección provincial lembra que estes feitos se suman aos graves ataques sufridos na propia sede provincial do PSdeG en Lugo en setembro de 2025. En apenas once días, o local socialista foi atacado en dúas ocasións con pintadas ofensivas, insultos e mensaxes vinculadas á ultradereita, chegando ademais a verse afectados locais contiguos.
“Estamos vendo unha sucesión de ataques que debe preocupar ao conxunto da sociedade, independentemente das ideas políticas de cada persoa. Hoxe é unha sede do PSOE, pero o que se está atacando é algo moito máis amplo: o dereito de calquera cidadán a participar en política e defender democraticamente as súas ideas sen ser intimidado”, remarcan.
O PSdeG de Lugo manifesta o seu “rexeitamento absoluto” ás persoas responsables destes feitos e lembra que “este tipo de comportamentos nada teñen que ver co diálogo, o respecto nin coa confrontación democrática de ideas”.
“O PSOE é un partido democrático, de goberno e con máis de 145 anos de historia. Fronte aos que pretenden sementar odio e división, a nosa resposta seguirá sendo máis democracia, máis diálogo e máis compromiso coa sociedade”, conclúen.























Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



