Foz, 1 de setembro, 2026. Este xoves, día 3 de setembro, ás 20:30 h, na Libraría Bahía de Foz, celebrarase un encontro literario entre a poeta Alba Cid e o tamén poeta e escritor polifacético Mario Obrero.
Alba Cid gañou o Premio Nacional de Poesía Joven con Atlas, un poemario que naceu sendo un clásico e que supuxo un fito na poesía galega contemporánea.
Mario Obrero, autor madrileño que escribe en case todas as linguas do Estado, presentará a súa obra máis recente, Con e de corcuspín, unha homenaxe a todas elas. Tal como indica no subtítulo, trátase dunha carta de amor ás linguas, na que vai desgranando a súa historia, as relacións entre elas, as dificultades que moitas afrontan para seguir vivas e o afecto que el —e tantas outras persoas— lles profesa. Ademais deste peculiar ensaio, é autor de varios poemarios.
Será, pois, un encontro entre dúas voces novas que están a explorar e crear a literatura do presente e do próximo porvir, cun discurso e unha reflexión profunda sobre o que fan e como o fan, que resultará especialmente interesante de escoitar.
O encontro forma parte do programa Afinidades Electivas, promovido polo Ministerio de Cultura a través da Dirección Xeral do Libro, e que cumpre este ano a súa sétima edición. A Libraría Bahía de Foz participou en todas elas.






















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



