O proxecto, apoiado polo programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, inaugúrase este sábado 5 de setembro en Abadín coa obra da artista lucense Esther López
Lugo, 3 de setembro, 2026. Co apoio do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, este sábado 5 de setembro inaugúrase en Abadín TRADI. Mostra de arte no camiño, unha exposición da artista lucense Esther López que percorrerá cinco localidades do Camiño de Santiago a bordo de ARTE PARA LEVAR // Cultura en movemento, unha galería itinerante instalada nun camión clásico Mercedes 407D.
O proxecto, promovido e comisariado por Iago Eireos desde Espacio Lupa Arte, propón sacar a creación contemporánea dos espazos expositivos convencionais e levala directamente ao territorio, favorecendo o encontro coa cidadanía e apostando pola arte emerxente e pola descentralización cultural.
TRADI: a tradición galega desde unha mirada contemporánea
Esther López, nova artista de Lugo cunha destacada traxectoria emerxente, presenta en TRADI unha reinterpretación da cultura tradicional galega a través da fotografía e do deseño. O proxecto, recoñecido co Premio de Excelencia Académica da Xunta de Galicia, aborda a identidade e a memoria colectiva desde unha linguaxe visual actual.
A exposición percorre a música, o baile, as festas, a indumentaria tradicional, as xoias, os costumes e as persoas que manteñen viva esta herdanza, entendendo a tradición non como algo inmóbil ou pertencente ao pasado, senón como unha realidade viva que continúa transmitíndose e transformándose.
ARTE PARA LEVAR: unha galería en movemento
TRADI será tamén a primeira exposición de ARTE PARA LEVAR, o novo proxecto de Espacio Lupa Arte impulsado por Iago Eireos, que transforma un Mercedes 407D clásico nunha galería de arte itinerante.
O camión abandona o concepto de galería como espazo fixo para desprazarse e instalarse temporalmente en prazas e lugares de tránsito. Un formato móbil, accesible e próximo que busca achegar a creación contemporánea a novos públicos, especialmente en contornas rurais e fóra dos circuítos artísticos habituais.
Cinco fins de semana, cinco paradas no Camiño
A viaxe comeza este sábado 5 de setembro en Abadín e continuará cunha nova parada cada sábado:
5 de setembro – Abadín
12 de setembro – Vilalba
19 de setembro – Baamonde
26 de setembro – Lugo | Inauguración
3 de outubro – Portomarín
A programación prolongarase tamén durante o domingo posterior a cada apertura, cando a propia Esther López realizará un encontro-taller arredor de TRADI, no que presentará e compartirá co público as claves do seu proxecto artístico. A actividade será aberta e gratuíta, dirixida tanto á veciñanza de cada localidade como ás persoas peregrinas e a calquera persoa interesada en participar.
A proposta complétase con accións de mediación e recursos de accesibilidade, entre eles códigos QR e audiodescricións, reforzando a vontade de facer da galería un espazo próximo e aberto a diferentes públicos.
Co Camiño de Santiago como fío condutor e grazas ao apoio de O Teu Xacobeo, TRADI inaugura así unha nova etapa para Espacio Lupa Arte e para ARTE PARA LEVAR, un proxecto que nace con vocación de continuidade: unha galería que non agarda a que o público vaia ao seu encontro, senón que se pon en movemento para levar a arte directamente ás persoas.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



