Cervo, 4 de setembro, 2026. O Concello de Cervo continúa reforzando o seu compromiso co benestar das persoas e co apoio aos colectivos que desenvolven un labor esencial no ámbito social, coa formalización dun novo convenio de colaboración coa Asociación Saúde Mental A Mariña, ao que o Concello destina 20.000 euros.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, asinou este novo acordo coa entidade, nun encontro no que participaron o presidente de Saúde Mental A Mariña, Jorge Manchado, e a directora xeral técnica, María José Nóvoa.
A achega municipal permitirá á asociación continuar desenvolvendo os seus programas e servizos e manter a atención que presta ás persoas con problemas de saúde mental e ás súas familias. Trátase dun apoio que o Concello de Cervo mantén ano tras ano, consciente da importancia de contar con recursos próximos e especializados que contribúan á autonomía, inclusión e calidade de vida das persoas usuarias.
A rexedora puxo en valor a relación de colaboración que se mantén coa entidade ao longo de todo o ano e destacou especialmente a súa presenza no municipio, onde conta con dúas unidades residenciais, ademais de participar en diferentes iniciativas municipais.
Neste sentido, lembrou a colaboración no programa Arruguiñas, dirixido ás persoas maiores de Cervo, no que Saúde Mental A Mariña desenvolve diferentes talleres terapéuticos orientados ao benestar emocional, favorecendo tamén a creación de espazos de encontro e participación.
“Para o Concello de Cervo é importante seguir ao lado de Saúde Mental A Mariña e apoiar o extraordinario traballo que realizan cada día. Sabemos que detrás desta entidade hai profesionais e familias que traballan para mellorar a vida de moitas persoas e para construír unha sociedade máis inclusiva e máis consciente da importancia da saúde mental”, sinalou.
A alcaldesa incidiu en que este convenio “vai máis alá dunha achega económica”, xa que representa o compromiso municipal cunha atención especializada e próxima e co traballo de sensibilización que desenvolve a asociación.
“A saúde mental debe ocupar o lugar que lle corresponde nas nosas prioridades. Temos que seguir falando dela con naturalidade, derrubando estigmas e facilitando que as persoas que precisan apoio poidan atopalo”, afirmou.
Desde o Concello destacan, así mesmo, a comunicación permanente coa entidade, que permite coñecer de primeira man as súas necesidades e buscar vías de colaboración para darlles resposta.
“Queremos seguir sumando, acompañando e colaborando para que Saúde Mental A Mariña poida continuar facendo ese labor tan necesario no noso municipio e na comarca”, concluíu a rexedora.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



