Cervo, 4 de setembro, 2026. O Concello de Cervo foi distinguido esta mañá co Diploma de Ouro do programa Praias sen Fume, unha iniciativa da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade que recoñece o compromiso dos concellos galegos coa promoción de hábitos de vida saudables e coa protección dos espazos naturais.
O acto de entrega celebrouse na praia do Club Fluvial de Begonte e contou coa participación do conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, que foi o encargado de entregar o recoñecemento á alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés.
Cervo forma parte da rede galega de Praias sen Fume cos areais do Torno, A Caosa, Cubelas e Rueta, consolidando así a súa aposta por converter os espazos costeiros do municipio en lugares máis saudables, limpos e respectuosos co medio ambiente.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, puxo en valor a importancia de manter e reforzar este compromiso municipal: “Para Cervo é unha satisfacción recibir una ano máis este Diploma de Ouro porque detrás deste recoñecemento hai unha aposta clara por educar, concienciar e promover hábitos saudables, especialmente entre os máis novos”.
Neste sentido, a rexedora destacou que “as praias son espazos de convivencia, de ocio e de contacto coa natureza, e queremos que quen as desfrute poida facelo nunha contorna limpa e libre de fume”.
García Caramés incidiu tamén na importancia de avanzar na concienciación cidadá: “Non se trata só de dicir que non se pode fumar, senón de conseguir que, pouco a pouco, entendamos que non fumar nas praias é unha cuestión de respecto cara ás demais persoas e tamén cara ao noso patrimonio natural”.
A alcaldesa subliñou, ademais, o impacto ambiental que teñen os residuos derivados do tabaco, especialmente as cabichas, e lembrou que “un xesto tan pequeno como recoller e non deixar residuos na praia pode marcar unha gran diferenza na conservación da nosa costa”.
O programa Praias sen Fume, posto en marcha en 2016, ten como finalidade promover estilos de vida saudables, previr o consumo de tabaco e reducir a presenza de fume e residuos asociados ao tabaco nos areais galegos. A adhesión á iniciativa é voluntaria e baséase fundamentalmente na sensibilización e na implicación da cidadanía.
Con esta distinción, o Concello de Cervo continúa avanzando na súa política de promoción da saúde e de protección ambiental, sumándose ao conxunto de municipios galegos que traballan para facer dos seus areais espazos máis saudables, sostibles e respectuosos.




















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



